Concello da Coruña

Concello da Coruña

A vérité (A verdade) de Hirokazu Koreeda

Fabienne é unha das grandes estrelas do cinema francés, unha actriz que reina entre os homes que a aman e admiran, pero no seu mundo interior ten grandes conflitos con Lumir, a súa filla.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 04/03/2021 ata o 06/03/2021

Este evento xa rematou

Horario:

* xoves e venres ás 20.00 h

* sábados 17.15 e 20.00 h

* Pídese puntualidade, unha vez comezadas as proxeccións non se permitirá o acceso á sala.

Prezo:

Xoves, venres e sábado ás 20.00 h: 3,00 € (carné novo +65 anos ou persoas desempregadas: 2,00 €)

Sábado ás 17.15 h (sesión do espectador/a): prezo único 1,50 €

** É imprescindible presentar o documento que acredita o desconto no momento de comprar a entrada e de acceder ás salas de cinema.

Requisitos:

Será de OBRIGADO cumprimento

• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).

• Lavarse as mans con xel hidroalcohólico á entrada e á saída do edificio.

• O uso da butaca asignada polo persoal de sala, non estando permitido o desprazamento, salvo que o persoal de sala autoríceo.

• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída para evitar aglomeracións.

• Respectar a sinalización.

• Seguir en todo momento as indicacións do persoal de sala.

RECOMÉNDASE

• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.

• Actuar con responsabilidade

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos

Contacto:

forum@coruna.es

Lumir viaxa co seu marido e filla a París cando se publican as memorias da súa nai. O encontro non tardará en converterse en enfrontamento: revelaranse verdades, axustaranse contas, falarase de amor e de resentimento.

Con: Catherine Deneuve e Juliette Binoche.

Francia, 2019 - 106 min - VOS en castelán

Apta para todos os públicos

VENDA DE LOCALIDADES

Venda en liña: corunacultura.sacatuentrada.es

Venda telefónica: 662867109

Venda no despacho de billetes do Forum: media hora antes de cada pase (sempre que queden localidades dispoñibles)

Venda no despacho central da Praza de Ourense: de luns a xoves de 10:00h a 14:00h e de 15:00h a 18:00h e venres de 10:00 a 15:00 (excepto festivos)

Actualidade

Máis información

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión