Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de febreiro de 2020

O Espazo municipal das Diversidades Sexuais e Identidades de Xénero dá a coñecer a Rede educativa de apoio LGBTQI+ de Galicia

Será nun acto que se realizará o xoves 20 de febreiro, ás 18.30 horas, no Centro Cívico de Cidade Vella

O Espazo municipal das Diversidades Sexuais e Identidades de Xénero busca dar a coñecer a Rede educativa de apoio LGBTQI+ de Galicia nun presentación que se realizará o xoves 20 de febreiro, ás 18.00 horas, no Centro Cívico de Cidade Vella.

Esta Rede, constituída hai meses a nivel estatal, está formada por máis de 130 docentes de Educación Primaria e Secundaria de toda Galicia.

O seu obxectivo é desenvolver un traballo activo e constante para garantir a igualdade e diversidade nos centros educativos, tal e como establece a lexislación actual. Así, fóronse creando nos últimos anos, equipos de apoto LGBT en diferentes centros de ensino como o IES Eusebio da Guarda, IES Agra do Orzán ou o CCP Andaina na Coruña.

Actualidade

Máis información

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión