Concello da Coruña

Concello da Coruña

Preinscrición para o periodo vacacional de Semana Santa 2024 nos Espazos de Atención á Infancia

PREINSCRICIÓN: 4, 5, 6 e 7 de marzo

HORARIO PRESENTACIÓN: Nos horarios de apertura do servizo en calquera dos Espazos de Atención á Infancia e Ludotecas coeducativas.

Tamén se poderá facer a preinscipción online premendo na seguinte ligazón: Inscrición canguros en liña

Será necesario:

  • Cubrir a folla de solicitude , presencialmente ou online. 
  • Ter o expediente actualizado.
  • Aportar documentación xustificativa dos ingresos da unidade familiar (ambos proxenitores, se procede): nóminas, último pago de autónomos, prestacións, outros.

PUBLICACIÓN LISTAS DE ADMITIDOS/AS: 15 de marzo no taboleiro dos Espazos de Atención á Infancia e Ludotecas coeducativas ou no 010.

DIAS DE ATENCIÓN:   25, 26 e 27 de marzo e 1 de abril

HORARIO:   

  • LABAÑOU: de 8:00 A 15:00 horas.
  • CASTRILLÓN: de 16:00 a 20:30 horas.
  • MONTE ALTO: de 8:00 a 15:00 horas.
  • OS MALLOS: de 8:00 a 15:00 horas e de 16:00 a 20:30 
  • PALAVEA: de 8:30 a 14:00 horas
  • MESOIRO: de 8:00 a 15:00 horas.

Só se poderá solicitar un único Espazo en horario de mañá e un único Espazo en horario de tarde. De solicitar máis dun Espazo no mesmo horario a solicitude será anulada.

As persoas que precisen a modalidade de atención a domicilio deberán chamar ao Servizo de Canguraxe para facer a correpondente xestión.

Teléfono de atención do Servizo de Canguraxe 673 132 372 no horario de 8:00 a 14:00 horas de luns a venres excepto festivos.

Actualidade

Máis información

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión