Concello da Coruña

Concello da Coruña

Sen Numerar Primavera 2021: Clausura do Amor

“Clausura do amor” é o texto máis representado do francés Pascal Rambert, estreado en Avignon e traducido a máis de dez idiomas. Trátase dunha obra de resistencia física e emocional, onde os dous intérpretes deben abrirse en canal para enfrontarse a un texto visceral sobre a fin do amor.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

26/03/2021

Este evento xa rematou

Horario:

19.30 horas

Duración:

120 min

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

9,00 € (carné novo, +65 anos, persoas desempregadas: 7,00 €)

* Para a aplicación dos descontos é preciso presentar o documento que acredita o desconto no momento de comprar a entrada e de acceder ao espazo no que terá lugar o espectáculo

Televenda:

Corunacultura.sacatuentrada

Requisitos:

Será de OBRIGADO cumprimento

• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).

• Lavarse as mans con xel hidroalcohólico á entrada e á saída do edificio.

• O uso da butaca asignada polo persoal de sala, non estando permitido o desprazamento, salvo que o persoal de sala autoríceo.

• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída para evitar aglomeracións.

• Respectar a sinalización.

• Seguir en todo momento as indicacións do persoal de sala.

RECOMÉNDASE

• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.

• Actuar con responsabilidade

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forum@coruna.es

O espectador asiste ao acto mesmo de clausurar o amor, de matalo en escena. Un duelo verbal que parte da dor, do medo e da liberación. Actuación e palabra. Nada máis. Un combate desgarrador e devastador, a través de dous monólogos intensos e inmensos.

IDIOMA: Galego

INTÉRPRETES: Teté García e Xosé Manuel Esperante

AUTORÍA: Pascal Rambert

DIRECCIÓN: Carlos Álvarez-Ossorio

Espectáculo coproducido co Centro Dramático Galego (CDG) e Premio ao Mellor Espectáculo e á Mellor Actriz na XXXI Edición do FestIVEl de Teatro Galego Celso Parada (FETEGA) do Carballiño 2020.

VENDA DE LOCALIDADES

Venda en liña: corunacultura.sacatuentrada.es

Venda telefónica: 662 867 109

Venda no despacho de billetes do Fórum: media hora antes de cada pase (sempre que queden localidades dispoñibles)

Venda no despacho central da Praza de Ourense: de luns a xoves de 10.00 h a 14.00 h e de 15.00 h a 18.00 h e venres de 10.00 h a 15.00 h (agás festivos)

Actualidade

Máis información

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión