Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ti decides

Con motivo da conmemoración do día 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, a Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación pon en marcha a campaña "Ti decides" cuxa finalidade é contribuír á concienciación sobre unha das manifestacións máis duras da violencia de xénero, a violencia sexual, destacando valores de respecto mutuo e sen perder de vista os dereitos que asisten ás persoas menores de idade como o dereito a acceder a unha información acorde á súa idade ou o dereito á intimidade.

Os obxectivos da campaña son fomentar a reflexión a nivel persoal e colectiva da adolescencia fronte á violencia sexual e publicitar materiais que contribúan a reflexionar sobre actitudes, condutas e sobre o impacto negativo que a desinformación sexual poden ter no seu benestar persoal e na construción de relacións afectivo sexuais tóxicas ou daniñas, apoiándose na transmisión de información por parte de referentes para a adolescencia (instagramers, tik tok,...).

Desde o luns 23 ata o venres día 27 de novembro de 2020, situáronse puntos informativos sobre o pacto social en diferentes lugares da cidade, nos cales se repartiu material divulgativo e proporcionouse información sobre o Pacto Social por unha Coruña Libre de Violencias Machistas e tamén das distintas actividades e actuacións que o Concello levou a cabo.

Documentos relacionados

  • Bert Flyer (390 KB)
  • Bert (1 MB)
  • Blond Flyer (249 KB)
  • Blond (935 KB)
  • Reb Flyer (243 KB)
  • Reb (983 KB)

Actualidade

Máis información

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión