Concello da Coruña

Concello da Coruña

Escola de empoderamento feminista

O concepto de empoderamento procede do termo inglés "empowerment", que fai referencia ao proceso de "gañar poder" dende a toma de consciencia persoal de ser suxeito de dereitos, capacidade e intereses propios, así como de ter dereito a esixir condicións para poder levalo á práctica. Así entendido, o empoderamento feminista é unha estratexia para o avance social das mulleres e a incidencia política cara a Igualdade; e así aparecía incluída na declaración oficial de Beijing relativa á IV Conferencia Mundial das Mulleres, organizada por Nacións Unidas en 1995.

A dita estratexia de Beijing inspira o articulado da Lei Orgánica 3/2007, de 22 de marzo para a Igualdade efectiva de homes e mulleres, na que se recolle expresamente "a elaboración de estratexias para o empoderamento das mulleres", como criterio xeral de actuación da Administración Autonómica Galega no artigo 5.2.d) do Decreto Lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de Igualdade.

Dende este contexto, impulsamos a creación dunha Escola de Empoderamento Feminista; un programa municipal que nace coa intención de ter estabilidade e periodicidade anual. Trátase dun recurso de formación para a cidadanía que busca abrir procesos democráticos alentando a unha maior participación activa das mulleres, a creación de redes, e a mellora da incidencia política para a igualdade e a inclusión das diversidades nos diferentes ámbitos da vida municipal.

Terceira edición da Escola de empoderamento feminista (marzo - xuño 2019)

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Igualdade e Diversidade, presenta a III Edición da Escola de Empoderamento Feminista, que se celebrará en diferentes espazos municipais de marzo a xuño de 2019.

Este recurso municipal de formación ten como obxectivo principal á creación de redes de apoio mutuo entre mulleres de todas as idades a partir da participación activa e a aprendizaxe compartida en actividades de lecer, de creación escénica, artística, autocoñecemento e autocoidado.

Todos os obradoiros desta Escola son de carácter gratuíto e teñen límite de prazas. No caso de que o número de solicitudes supere ao número de prazas dispoñibles, estas adxudicaranse mediante un sorteo específico para cada un dos obradoiros ofertados.

Cada persoa poderá participar nun máximo de dous obradoiros, aínda que no proceso de preinscrición pode seleccionar ata catro obradoiros. 

NORMAS BÁSICAS DE FUNCIONAMENTO DA EEF

SORTEO PÚBLICO

28 de febreiro ás 8.30 h.

Podes consultar o resultado do sorteo na seguinte ligazón .

PUBLICACIÓN DE PERSOAS ADMITIDAS E LISTAS DE AGARDA

1 de marzo

Documentos relacionados

  • 1. Folleto EEF 2019 (1 MB)
  • Admitidas "Empoderamento e crecemento erótico" (433 KB)
  • Admitidas "Coidar coidándonos" (439 KB)
  • Admitidas "Ffotocreativa" (448 KB)
  • Admitidas "Autodefensa feminista" (450 KB)
  • Admitidas "As mulleres que me conforman" (432 KB)
  • Admitidas "Rockea como unha muller" (435 KB)
  • Admitidas "Cabaré empoderante" (437 KB)
  • Admitidas "Sentir a vida toda: homes pola igualdade" (433 KB)
  • Admitidas "Eu, me, mi comigo" (441 KB)
  • Admitidas "Mover o corpo para mover o mundo" (434 KB)
  • Admitidas "A maleta mínima- Teatro comunitario" (433 KB)
  • Listaxe de agarda "Empoderamento e crecemento erótico" (476 KB)
  • Listaxe de agarda "Autodefensa feminista" (474 KB)
  • Listaxe de agarda "Rockea como unha muller" (419 KB)
  • Listaxe de agarda "Cabaré empoderante" (435 KB)
  • Listaxe de agarda "Mover o corpo para mover o mundo" (444 KB)
  • Listaxe de agarda "A maleta mínima - Teatro comunitario" (438 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión