Xa está aquí a programación da Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación de Coruña Orgullosa 2021. Este ano contaremos con tres semanas repletas dunha diversa programación cultural coa que se pretende visibilizar a situación do colectivo LGTBIQ+, os seus debates e aqueles temas nos que se debe poñer o foco. Porque "Somos, Estamos e Amamos", durante este mes do Orgullo celebraremos quen son, que estamos aquí xuntas/vos e que nos amamos e apoiamos ante calquera mostra de odio.
Acompañádenos todas e todos nesta celebración e feliz Orgullo 2021!
Todas as actividades son gratuítas a excepción do Atlantic Pride Lite.
Debido á situación derivada da COVID-19 e para poder controlar os aforamentos, para acudir aos eventos será necesaria unha invitación que poderá conseguirse de maneira en liña nesta páxina web.
15 minutos antes do inicio de cada evento permitirase o acceso ás mesmas sen invitación e ata completar aforamento.
Documentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible