Concello da Coruña

Concello da Coruña

Convenio coa Asociación Ledicia Cativa para acollida temporal de nenos/as de Rusia

Ano:

2018

Tipo:

Subvenciones nominativas

Fecha de publicación:

15 de maio de 2018

Obxecto:

O obxecto do presente convenio é establecer as bases de colaboración entre o Concello da Coruña e Asociación Ledicia Cativa, coa finalidade de contribuír a realizar a actividade de acollida temporal de nenos e nenas de Rusia afectados/as pola radiación de Chernóbil en réxime recuperativo de saúde por familias do Concello da Coruña, que se desenvolverá durante o exercicio 2018.

Remuneración / Custo:

2.700,00 € con cargo á aplicación orzamentaria 70.231.48050

Abono:

Con carácter xeral, o recoñecemento da obrigación a favor da beneficiaria e o pago da subvención realizaranse tras presentar e aprobar a xustificación, nos termos establecidos neste convenio.

Tamén se poderán realizar pagos anticipados que supoñerán entregas de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións inherentes á subvención. Neste caso, a entidade beneficiaria deberá solicitalo expresamente e deberá constituír unha garantía do 2% do importe total da subvención, que se realizará retendo o pago do Concello nesa porcentaxe, xa sexa sobre o primeiro pago anticipado ou sobre varios ata acadar esa contía. Unha vez efectuada a debida xustificación e de non existir responsabilidade por parte da entidade beneficiaria, devolverase a cantidade retida en concepto de garantía.

Non se poderá pagar a subvención á beneficiaria en tanto non se ache ao corrente de cumprir as súas obrigas tributarias co Concello e coa Axencia Tributaria e fronte á Seguridade Social ou sexa debedor por resolución de orixe de reintegro.

Documentos:

Texto do convenio en castelán (100 KB)

Texto do convenio en galego (96 KB)

Actualidade

Máis información

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión