Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
Ante a situación actual provocada pola crise sanitaria ocasionada pola segunda onda do virus COVID-19, a partir do pasado mes de outubro, ademais das medidas adoptadas polas autoridades sanitarias, e tratándose dunha necesidade sobrevida e urxente, requírese acometer unha actuación municipal de emerxencia que incorpore unha serie de medidas destinadas á atención das nenas e nenos menores con residencia no termo municipal da Coruña.
A quen vai dirixido?:
Unidades familiares con menores entre 4 meses e 12 anos que se atopen ante unha situación de peche de aula, illamento preventivo por situacións relacionadas coa Covid-19
Organiza:
Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación
Requisitos:
Estar empadroado no Concello da Coruña.
Estar a traballar ambos os membros da unidade familiar ou a persoa responsable do/a menor en caso de familias monomarentais ou monoparentais.
Necesitar medidas de conciliación por motivos de confinamento preventivo por contacto estreito con persoas que desen positivo en Covid-19, peche de aulas dos seus centros educativos ou illamentos preventivos relacionados coa Covid-19.
Para facer uso do servizo é necesario que o/a menor dese negativo na proba PCR.
Prazo de presentación:
Para solicitar este servizo é preciso contactar co teléfono 981 184 356 ou 673 132 372 en horario de 8.00 a 14.00 horas.
Esta modalidade consiste nun:
Servizo de coidado dirixido a menores entre 4 meses e seis anos. Trataríase dun servizo que dispensaría coidados e atención a estes menores no seu propio domicilio.
Servizo de apoio educativo dirixido a menores de 6 a 12 anos. Neste servizo, ademais dos coidados incluiríase o apoio educativo para poder seguir o curso escolar de maneira telemática ou a través da remisión de deberes ao centro escolar, prestando tamén apoio a problemas derivados do acceso ás plataformas educativas.
Con carácter xeral o servizo prestaríase de 7.30 a 22.00 horas. Con carácter extraordinario, debidamente xustificado tecnicamente, ampliaríase ata as 23.00 horas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible