11 de setembro de 2025
O Instituto «José Cornide» de Estudos Coruñeses ve incrementado e reforzado o seu papel como centro de referencia na preservación e difusión do patrimonio cultural da Coruña grazas á actualización do catálogo dos libros procedentes da doazón de Isabel de Madariaga.
É posible consultar a través do catálogo da Rede de Bibliotecas da Coruña (Absys) a lista dos libros procedentes da doazón de Isabel de Madariaga ao Instituto «José Cornide» de Estudos Coruñeses, que se integraron na xa existente Biblioteca de Salvador de Madariaga, custodiada polo Instituto Cornide na ligazón seguinte: https://www.coruna.gal/opac (outros catálogos/Instituto José Cornide)
Os traballos que permitiron a incorporación e integración da nova doazón documental e bibliográfica foron realizados por Juan José Comendador Pérez, que tamén describiu en Galiciana a colección de Domingo Quiroga Ríos da correspondencia de carácter persoal entre Ana María Alvajar López e Domingo Quiroga Ríos; a documentación das familias Golpe-Varela, a doazón de Antonio Taboada Roca dos documentos pertencentes a José Cornide de Saavedra, a doazón de Juan Ramón Baltar Tojo das fotografías da homenaxe a María Casares en Buenos Aires en 1957; o tratamento da documentación de Fortunato Carreiras Trigo, doada por María Dores Carreiras Ares, así como o procesamiento dos documentos relativos á familia Madariaga, doados por Carmen Rodríguez de Madariaga.
Rúa Durán Loriga 10. 15003 A Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible