2 resultados
Albert Günther (1830-1914) naceu en Alemaña (Esslingen, Württemberg), licenciouse en medicina en 1858 en Tubinga e trasladouse a Inglaterra, onde comezou a traballar na sección de Historia Natural do Museo Británico, da que foi responsable de Zooloxía, salientando como especialista en peixes e herpetos (anfibios e réptiles).
A relación entre Víctor López Seoane e Albert Günther iniciouse en 1880 e rematou en 1895. Dese período consérvanse no Instituto Cornide unhas trinta cartas enviadas polo especialista xermano-inglés. Günther foi un interlocutor e asesor relevante no traballo científico de Seoane, quen lle remitiu numerosos exemplares de seres vivos para consultar a súa identidade e como cortesía para formar parte das coleccións do museo.
A carta que presentamos constitúe a derradeira remitida por Günther. Nela agradece o envío de tres exemplares por Seoane, dos que lle indica o seu nome técnico. Asemade, lle informa da súa próxima xubilación, agradece os numerosas entregas realizadas ao Museo Británico e alude ao seu compañeiro, o destacado herpétologo George Albert Boulenger.
Comezamos esta nova sección na que, periodicamente, irán aparecendo documentos que se custodian neste Instituto coa finalidade de dar a coñecer a súa rica variedade de fondos.
Cando en 1964, un grupo de coruñeses preocupados por potenciar a cultura da cidade decidiron crear un instituto de estudos locais, déronlle o nome do mais ilustrado galego do século XVIII: o coruñés, José Cornide Saavedra.
Son moi escasas as imaxes do ilustrado coruñés que dá nome a este Instituto, razón pola que presentamos como primeiro documento deste apartado a litografía orixinal coa imaxe de José Cornide que forma parte dos seus fondos.
A obra foi realizada por Santiago Llanta y Guerin estampada na litografía de Julio Donon en Madrid.
Pola data na que se realizou (ca. 1855) non se trata dun retrato fidedigno de Cornide, pero precisamente pola escaseza de imaxes do coruñés, acabou sendo a que identificamos co polígrafo ilustrado.
Podes atopar máis información sobre a figura de José Cornide na sección José A. Cornide de esta mesma web.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible