Boletín rede municipal de información xuvenil - 06/10/26
Actividades
Conversas naturalistas: coleópteros e libros
15/10/2026 
A Biblioteca Verde do CEIDA recupera as súas "Conversas naturalistas", un espazo para achegarnos á natureza a través da ollada de persoas que adicaron boa parte da súa vida ao seu estudo e divulgación, así como os libros que nos axudan a coñecela, comprendela e descubrir a súa extraordinaria diversidade.
Horario:

De 19:00 a 21:00 h

Exposición "Vítor Mejuto. Coruña ciudad" na Sede Afundación da Coruña
Dende o 14/10/2026 ata o 09/01/2027 
A Sede Afundación da Coruña acolle a exposición «Vítor Mejuto. Coruña ciudad», unha mostra que invita a redescubrir a cidade a través da mirada do artista sobre as formas da arquitectura cotiá, os seus detalles e solucións construtivas.
Horario:
  • de luns a venres, de 17.30 a 20.30 h.
  • sábados e festivos, de 12.00 a 14.00 h e de 17.30 a 20.30 h.
Prezo:

de balde.

Presentación do libro “No me rompí del todo” de María Timiraos na Biblioteca Fórum Metropolitano
19/10/2026 
A Biblioteca Municipal do Fórum Metropolitano acolle a presentación do libro “No me rompí del todo” de María Timiraos, no marco do ciclo «Luns de encontros».
Horario:

ás 19.00 h.

Prezo:

acceso libre ata completar capacidade.

O ceo está máis preto do que pensas
Os días 31/10/2026 á 01:00 , 28/11/2026, 26/12/2026 
O Planetario da Casa das Ciencias celebra dúas sesións especiais os últimos sábados de cada mes.
Horario:
  • 11.30 h «O ceo para informados» e postal planetaria con Borja Tosar
  • 13.00 h « O ceo do mes»
Prezo:

A entrada é gratuíta, pero é necesario retirar unha invitación na recepción da Casa das Ciencias.

As invitacións repártense (máximo de dúas invitacións por persoa) media hora antes do inicio de cada sesión, ata completar a cabida.

Club de xogos de mesa na Biblioteca Os Rosales
Dende o 17/10/2026 ata o 22/05/2027 
A Biblioteca Municipal Os Rosales organiza o Club de Xogos de Mesa, un espazo de encontro interxeracional no que persoas de diferentes idades poden coñecer e desfrutar de xogos en comunidade. Nesta nova edición, o club incorpora como novidade unha liga propia, na que as persoas participantes poderán sumar puntos en cada sesión.
Horario:

de 10.30 a 13.30 h.

Prezo:

de balde.

Semana da Arquitectura da Coruña 2026
Dende o 05/10/2026 ata o 11/10/2026 
O Concello da Coruña, a Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña e a Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia impulsan unha programación que permitirá achegarse a esta parte do patrimonio contemporáneo a través de exposicións, conferencias, visitas guiadas, rutas, obradoiros e outras actividades. Este ano estará dedicada ao brutalismo coruñés e ao legado que esta corrente deixou na paisaxe urbana da cidade.
Prezo:

Todas as actividades son de balde até completar a cabida do espazo, salvo as que requiren inscrición previa, que debe facerse no correo electrónico semanadaarquitectura2026@coruna.gal

Encontros para familias: Coidarte tamén é maternar. A saúde mental materna
12/11/2026 
Datas de inscrición: Dende o 05/11/2026 ata o 11/11/2026
Un encontro dirixido a familias con crianzas de 0 a 6 anos, a cargo de Pilar Carballeira, psicóloga especializada non ámbito perinatal, para que as familias poidan compartir experiencias, apoiarse mutuamente e aprender conxuntamente sobre temas de interese familiar e educativo.
Horario:

Dende as 18:00 até as 20:00 horas.

Encontros para familias: Por que falar de saúde mental cos nosos fillos e fillas?
22/10/2026 
Datas de inscrición: Dende o 15/10/2026 ata o 21/10/2026
Un espazo para familias e persoas interesadas non benestar emocional das crianzas. Tendo un espazo para compartir experiencias, apoiarse mutuamente e aprender conxuntamente sobre temas de interese familiar e educativo.
Horario:

Dende as 18:00 até as 20:00 horas.

Roteiro cultural polo parque de Santa Margarida
09/10/2026 
A Agrupación Cultural Alexandre Bóveda organiza un roteiro cultural polo Parque de Santa Margarida da man de Martin Pawley.
Horario:

ás 19.00 h.

Prezo:

de balde.

Galgo Azul — Programación cultural de outubro
Dende o 01/10/2026 ata o 15/10/2026 
Unha programación especial para gozar deste mes no Galgo Azul!
Prezo:

As entradas para as actividades están dispoñibles en www.entradium.com ou no portelo da libraría.

Museos Científicos Coruñeses | Entrada de balde
07/10/2026 
O 7 de outubro, festivo na Coruña, a entrada aos Museos Científicos será gratuíta.
Horario:
  • Horario de apertura: de 10 a 19 horas.
  • Último acceso ás 18 horas no Aquarium, ás 18:30 horas na Casa das Ciencias e Domus.
Prezo:

de balde.

  • Reserva de entradas para sesión de planetario, desde as 9 horas do 6 de outubro aquí.
  • Reserva de entradas para MiniDomus, desde as 9 horas do 6 de outubro aquí.
  • Reserva de entradas para o Aquarium Finisterrae, desde as 9 horas do 6 de outubro aquí.
Axenda de actividades de MUNCYT A Coruña
Dende o 01/10/2026 ata o 31/10/2026 
O Museo de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT), presenta a axenda de actividades do mes de outubro, elaborada ao redor da colección do museo e en relación ás diferentes disciplinas científicas e tecnolóxicas.
Horario:
  • Martes a venres: de 10:00 a 17:00 h
  • Sábados: de 11:00 a 19:00 h
  • Domingos e festivos: de 11:00 a 15:00 h
Prezo:

gratis

Xornada portas abertas | Grupo Scout Stoas
10/10/2026 
Oportunidade para coñecer as actividades e persoas do Grupo Scout Stoas (no Ventorrillo).
Horario:

de 11:15 a 13:30h.

Prezo:

a xornada de portas abertas é gratuíta. Despois, para ingresar no grupo hai unha cota de inscrición.

Intersección - Festival Internacional de Cine da Coruña
Dende o 13/10/2026 ata o 17/10/2026 
A Coruña acollerá a novena edición do Festival Internacional de Cine da Coruña 'Intersección'.
Horario:

Consultar a programación na web do festival.

Prezo:

Consultar na web do festival.

IX Torneo de Debate Académico de Galicia
Dende o 05/11/2026 ata o 16/04/2027 
Datas de inscrición: Ata o 16/10/2026
A Fundación Barrié organiza o IX Torneo de Debate Académico de Galicia (TDAG) co obxectivo de fomentar no alumnado de ESO e Bacharelato o desenvolvemento das habilidades argumentativas e o pensamento crítico necesario para o éxito académico e profesional.
Novo período de solicitude dos Locais de Ensaio
Datas de inscrición: Dende o 02/10/2026 ata o 09/10/2026
Desde este venres, 2 de outubro, pódese optar a unha das 48 prazas semanais de ensaio para o vindeiro semestre nos Locais de Ensaio do Concello da Coruña, servizo municipal destinado a facilitar un espazo para o ensaio musical, de xeito gratuíto e en condicións de igualdade, para mozos e mozas da Coruña, solistas ou membros de grupos como espazo onde desenvolver as súas inquedanzas musicais.
Jazz Filloa. Programación de outubro
Dende o 02/10/2026 ata o 30/10/2026 
O Jazz Filloa presenta a súa programación de concertos e jam sessions para o mes de outubro, con diferentes propostas de música en directo.
Horario:

Cada concerto contará con dous pases: ás 21:30 h e ás 23:00 h.

Prezo:

dende 10 €

Presentación de «A revolución dos vagalumes»
17/10/2026 
A Asociación Cultural Alexandre Bóveda acolle a presentación de A revolución dos vagalumes, a última obra de Manuel Rivas.
Horario:

12:00 h

Prezo:

De balde

XII Outubro UDC Saudable e Sustentable
ata o 31/10/2026 
A Oficina de Sustentabilidade da Universidade da Coruña organiza durante o mes de outubro un programa de actividades de voluntariado e participación ambiental que combina o coidado da natureza coa promoción dun estilo de vida saudable e sustentable.
Prezo:

De balde

Viaxe ao centro do Aquarium
10/10/2026 
O Aquarium Finisterrae organiza «Viaxe ao centro do Aquarium», unha actividade de divulgación científica e educación ambiental que permite coñecer de preto os espazos técnicos e os procesos necesarios para o funcionamento do acuario.
Horario:

de 11:30 ás 13:30 h.

Prezo:

Entrada xeral: 10€.

Entrada gratuita para:

  • - Membros da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias
  • - Titulares da Tarxeta 20
  • - Persoas con discapacidade
Presentación da novela "Casa" de Alejandro Palomas
06/10/2026 
A UIMP Galicia e a Fundación Luis Seoane organizan un novo encontro do ciclo literario «Compaxinadas», que nesta ocasión terá como protagonista o escritor Alejandro Palomas, quen presentará a súa última novela "Casa", nunha conversa con Javier Pintor. A obra aborda a relación entre unha nena e o seu avó e reflexiona sobre os vínculos entre xeracións e aquilo que permanece.
Horario:

ás 19:30 h.

Prezo:

entrada libre ata completar capacidade.

Actividades culturais no novo Espazo Cultural Manuel María
Datas de inscrición: Ata o 31/10/2026
A Fundación Manuel María inaugura o 6 de outubro un novo equipamento cultural na Coruña, o Espazo Cultural Manuel María, que inicia a súa andaina co obxectivo de converterse nun lugar de encontro e difusión da cultura galega. O novo espazo presenta así as súas primeiras propostas para o curso 2026-2027, dando comezo a unha nova etapa de actividade cultural da Fundación.
Prezo:

De balde.

Tempada de concertos de Música de Cámara na Sede Afundación da Coruña

Os días 28 de outubro, 18 de novembro e 16 de decembro de 2026, e 20 de xaneiro, 17 de febreiro, 17 de marzo, 21 de abril, 19 de maio e 16 de xuño de 2027.

A Orquesta Sinfónica de Galicia e Afundación presentan a Tempada de Abono Música de Cámara 2026-2027, un ciclo de nove concertos que se desenvolverá entre outubro e xuño na Sede Afundación da Coruña. A tempada enmárcase tamén no programa Cultura por Alimentos, polo que se anima ás persoas asistentes a colaborar cos Bancos de Alimentos locais achegando produtos non perecedoiros á entrada dos concertos.
Horario:

Todos os concertos son ás 20:00 h.

Prezo:
  • Abono completo: 108 € (20 % de desconto).
  • Entrada solta: 15 €.
  • Maiores: 5 € en billeteira, antes do concerto, segundo dispoñibilidade.

*Desconto: 10 % adicional no abono con carné xove, de xubilación ou acreditación de desemprego.

Actividades de outubro no Espazo Xuvenil O Remanso
Dende o 09/10/2026 ata o 31/10/2026 
Lugar: Espazo Xuvenil O Remanso. A Coruña
O Espazo Xuvenil O Remanso organiza unha serie de actividades durante o mes de outubro. As actividades son todas de balde, para rapaces e rapazas de 12 a 30 anos, ambos cumpridos.
Sala Filomatic: programación outubro 2026
Dende o 02/10/2026 ata o 31/10/2026 
A Sala Filomatic presenta a súa programación de concertos para o mes de outubro, cunha carteleira chea de diferentes estilos.
Prezo:

Consultar prezo das entradas coa Sala Filomatic

Programa Falamos secundaria 2026 "O galego nas redes sociais"
28/10/2026 
Datas de inscrición: Ata o 15/10/2026
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña ofrece este programa para promover a interacción entre a escola e a súa contorna e así, facer máis rendibles os recursos e os esforzos deses dous ámbitos en prol da normalización do galego.
Horario:

Dende as 10:00 até as 12:00 h.

Coa lingua de fóra: Galego
A Biblioteca Municipal Ágora organiza «Coa lingua de fóra», un grupo de conversa en galego dirixido a persoas adultas que queiran mellorar a súa expresión oral nun ambiente distendido e afastado da aprendizaxe formal. A actividade, dinamizada por unha persoa nativa, ofrece un espazo de intercambio lingüístico e cultural para practicar o galego e incorporalo ao día a día.
Horario:

de 19:00 a 20:15 h.

Prezo:

de balde.

Festas do Ventorrillo 2026
Dende o 09/10/2026 ata o 12/10/2026 
O barrio do Ventorrillo celebra as súas festas con actividades para todos os públicos: contacontos, música, concertos, verbena, concursos, actividades infantís, baile, mercado de artesanía e sesións DJ.
Poetas di(n)versos outubro-decembro 2026
Dende o 05/10/2026 ata o 14/12/2026 
O ciclo internacional de poesía Poetas Di(n)versos, dirixido por Yolanda Castaño e impulsado polo Concello da Coruña, iniciará o vindeiro luns 5 de outubro a programación do primeiro trimestre da súa edición número 18 cun cartel que reunirá na cidade autoras e autores de Polonia, Colombia e Italia xunto a destacadas voces da poesía galega contemporánea.
Horario:

20:00 h.

Prezo:

Entrada libre ata completar capacidade

Noite dos Morcegos no Monte da Fraga
14/10/2026 
A Asociación UDC BigBang organiza a segunda Noite dos Morcegos, unha actividade divulgativa para coñecer a importancia dos quirópteros nos ecosistemas.
Horario:

19:00 h

Prezo:

De balde

Concursos e premios
I Edición do Premio de Pódcast «Transmitindo na Lingua Galega»

até as 14:00 h.

Datas de inscrición: Ata o 18/12/2026
A Deputación da Coruña convoca a I Edición do Premio de Pódcast «Transmitindo na Lingua Galega», que recoñece e promove a creación de contidos sonoros en lingua galega.
Certame literario xuvenil "Relatos da liberdade"

ás 14:00 h

Datas de inscrición: Ata o 20/11/2026
A Delegación do Goberno en Galicia convoca o concurso de relato curto “Relatos da liberdade”, co obxectivo de fomentar a creación literaria e achegar á mocidade os valores da democracia, os dereitos e as liberdades.
XIX Premio de Relato Curto Alumni USC
Datas de inscrición: Ata o 20/11/2026
A Asociación de Antigo Alumnado e Amizade da Universidade de Santiago de Compostela (Alumni USC) convoca o XIX Premio de Relato Curto, aberto ao público en xeral, para recoñecer unha obra literaria inédita escrita en lingua galega.
XXXIII Concurso de noveis deseñadores de moda en Camariñas
Datas de inscrición: Ata o 01/12/2026
O Concello de Camariñas convoca o XXXIII Concurso de Noveis Deseñadores de Moda, cuxo obxecto é fomentar e promocionar a aplicación do Encaixe de Camariñas na moda concedendo 4 premios ás mellores coleccións de deseño de moda.
Rede Municipal de Información Xuvenil do Concello dá Coruña
Tlf.: 981 184 294 / 981 189 888/ 981 189 895
WhatsApp / Telegram: 606 362 366
cmix@coruna.gal
Onde estamos