Logo do CMIX (Centro Municipal de Información Xuvenil)
Non perdas
Actividades
Becas e axudas
Exames
Concursos e premios
Cursos
Oposicións
  
Ata o 07/06/2021
Axudas ao alumnado de ensinanzas artísticas superiores que participan no programa de mobilidade Easmus+
Convocadas pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade as axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do Programa comunitario Erasmus+, están destinadas ao alumnado de ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia que participan no programa de mobilidade na educación superior durante o curso 2020/21.
Duración: O programa de mobilidade será realizado durante o curso académico 2020/21. As axudas concederanse para estadías dun máximo de nove meses e dun mínimo de dous.
Ata o 27/05/2021
4 bolsas de formación para persoas tituladas en ciclos formativos de acuicultura
A través destas bolsas persoas tituladas en ciclos formativos da formación profesional específica en acuicultura poden desenvolver un período de práctica laboral nun ámbito de empresa simulada, no cal se reproducen os medios e procesos de produción e xestión reais.
Duración: 2 anos.
Ata o 31/05/2021
Bolsa para facer prácticas na oficina española de turismo en Roma
A Axencia Turismo de Galicia convoca unha bolsa de formación práctica especializada na oficina española de turismo en Roma durante os anos 2021 e 2022.
Duración: Máximo 18 meses.

Os prazos de entrega de solicitudes das bolsas establecidos por cada ICU virán recollidos nas fichas descritivas.

900 bolsas para a introdución na investigación científica en institutos do CSIC
Ata 900 bolsas de Introdución á Investigación para estudantes universitarios “JAE Intro ICU”, co obxectivo de dar a coñecer as posibilidades profesionais que ofrecen os ICU do CSIC.
Duración: Duración mínima: 3 meses. Duración máxima: 10 meses.
Centro Municipal de Información Xuvenil
R/ Río Monelos, s/n 15006 A Coruña | Tlf.: 981 184 294 | Fax: 981 184 295 |
cmix@coruna.es | www.coruna.gal/cmix