 |
| Museos Científicos Coruñeses | Entrada de balde | | 07/10/2026 | | O 7 de outubro, festivo na Coruña, a entrada aos Museos Científicos será gratuíta. | Horario:
- Horario de apertura: de 10 a 19 horas.
- Último acceso ás 18 horas no Aquarium, ás 18:30 horas na Casa das Ciencias e Domus.
| | Prezo: de balde.
- Reserva de entradas para sesión de planetario, desde as 9 horas do 6 de outubro aquí.
- Reserva de entradas para MiniDomus, desde as 9 horas do 6 de outubro aquí.
- Reserva de entradas para o Aquarium Finisterrae, desde as 9 horas do 6 de outubro aquí.
|
|
|
| Novo período de solicitude dos Locais de Ensaio | | Datas de inscrición: Dende o 02/10/2026 ata o 09/10/2026 | | Desde este venres, 2 de outubro, pódese optar a unha das 48 prazas semanais de ensaio para o vindeiro semestre nos Locais de Ensaio do Concello da Coruña, servizo municipal destinado a facilitar un espazo para o ensaio musical, de xeito gratuíto e en condicións de igualdade, para mozos e mozas da Coruña, solistas ou membros de grupos como espazo onde desenvolver as súas inquedanzas musicais. |
|  |
|
 |
| A Coruña no Mundo: Bolsas Norteamérica 2027-2028 | | Datas de inscrición: Dende o 05/10/2026 ata o 27/10/2026 | | O Concello da Coruña convoca bolsas destinadas ao alumnado de 4º da ESO, residente na Coruña e matriculado nun centro educativo da cidade, para a realización de 1º de bacharelato en Canadá, durante o curso escolar 2027/28.
| | Duración: A estadía no Canadá comezará a finais de agosto de 2027 e finalizará en xuño de 2028. |
|
|
|