Logo do CMIX (Centro Municipal de Información Xuvenil)
Non perdas
Actividades
Becas e axudas
Exames
Concursos e premios
Cursos
Oposicións
  
Ata o 18/05/2021
17 prazas, acceso libre, Corpo Superior de Vixilancia Aduaneira
O Ministerio de Facenda convoca proceso selectivo para o ingreso no Corpo Superior de Vixilancia Aduaneira. 17 prazas de acceso libre e sistema selectivo por oposición + curso selectivo. As prazas distribúense: - 7 para a Especialidade de Investigación. - 5 para a Especialidade de Navegación. - 5 para a Especialidade de Propulsión.
Prezo:

30,79€

Ata o 14/05/2021
1 praza de Técnico/a de Igualdade, Programa FOAI/2021, do Concello de Cabanas
O Concello de Cabanas convoca procedemento de selección para a contratación dun posto de Técnico/a de Igualdade, ao abeiro da subvención outorgada pola Deputación da Coruña no marco do Programa (FOAI/2021): programa de subvencións a concellos da provincia da Coruña para o financiamento de gasto de persoal de persoal técnico ou axentes de igualdade no ano 2021, mediante o procedemento selectivo de concurso-oposición.
ata o 14/05/2021
1 praza de técnico/a de turismo no Concello de Muxía
O Concello de Muxía convoca, mediante o sistema de concurso-oposición, 1 praza de técnico/a de turismo a tempo completo.
ata o 14/05/2021
1 praza de peón xardineiro para o Concello de O Pino
O Concello de O Pino convoca, pediante o proceso de concurso-oposición, 1 posto de peón xardineiro, ao abeiro do Programa de Integración Laboral PEL-Concello Reactiva 2021, financiado pola Deputación Provincial da Coruña.
ata o 14/05/2021
1 praza de Axente de Igualdade para o Concello de A Laracha
O Concello de A Laracha convoca, mediante o sistema de concurso- oposición, 1 posto de axente de igualdade.
Prezo:

22€

Ata o 27/05/2021
80 prazas de Axentes do Servizo de Vixilancia Aduaneira
O Ministerio de Facenda convoca un proceso selectivo para ingreso, polo sistema xeral de acceso libre, no Corpo de Axentes delServicio de Vixilancia Aduaneira, especialidades de Investigación e Marítima. Sistema selectivo por oposición.
Ata o 24/05/2021
30 prazas do Corpo Executivo do Servizo de Vixilancia Aduaneira
O Ministerio de Facenda convoca un proceso selectivo para o ingreso no Corpo Executivo do Servizo de Vixilancia Aduaneira. 30 prazas de acceso libre e sistema selectivo por oposición.
Dende o 27/04/2021 ata o 24/05/2021
102 prazas Corpo Superior de Inspectores de Facenda do Estado
O Ministerio de Facenda convoca proceso selectivo para ingreso, polo sistema xeral de acceso libre e promoción interna, no Corpo Superior de Inspectores de Facenda do Estado.
Dende o 26/04/2021 ata o 24/05/2021
8 prazas de corpo superior de Administración xeral da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados
A Consellería de Facenda e Administración Pública convoca proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior de Administración xeral de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados.
Dende o 30/04/2021 ata o 19/05/2021
7 prazas da categoría profesional de técnico/a de investigación, área química-física da Universidade de Santiago de Compostela
A Universidade de Santiago de Compostela convoca probas selectivas de persoal laboral da categoría profesional de técnico/a de investigación, área química-física. O sistema de selección será o de concurso-oposición.
Prezo:

31,69€

Dende o 30/04/2021 ata o 19/05/2021
1 praza da categoría profesional especialista de oficios (xardineiro) da Universidade de Santiago de Compostela
A Universidade de Santiago de Compostela convoca probas selectivas de persoal laboral da categoría profesional de Especialista de Oficios (xardineira/o). O sistema de selección será o de concurso-oposición.
Prezo:

25,81€

Dende o 30/04/2021 ata o 19/05/2021
1 praza da categoría profesional de técnico/a en instalacións, perfil electricidade da Universidade de Santiago de Compostela
A Universidade de Santiago de Compostela convoca probas selectivas de persoal laboral da categoría profesional de Técnica/o en instalacións, pefil Electricidade. O sistema de selección será o de concurso oposición.
Prezo:

31,69€

Dende o 21/04/2021 ata o 19/05/2021
1 praza de Coordinador/a de parques do Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento
O Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento convoca proceso selectivo para a provisión dunha praza de Coordinador/a de parques. O sistema selectivo será o de concurso-oposición.
Dende o 21/04/2021 ata o 19/05/2021
2 prazas de administrativo/a de administración xeral do Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento
O Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento convoca proceso selectivo para a provisión de dúas prazas de administrativa/o de administración xeral. Sistema oposición.
ata o 20/05/2021
1 praza de Técnico/a en Turismo para o Concello de Ponteceso
O Concello de Ponteceso convoca, mediante o sistema concurso- oposición,o procedemento selectivo para a formación dunha bolsa de emprego para a contratación dun/unha técnico/a de Turismo.
Dende o 05/05/2021 ata o 13/05/2021
1 praza Técnico/a de turismo para o Concello de Santiso
O Concello de Santiso convoca proceso de selección para a contratación dun/ha Técnico/a de Turismo, a xornada parcial e subvencionado pola Deputación Provincial da Coruña, polo sistema de oposición.
ata o 18/05/2021
2 prazas de Técnico de turismo para o Concello de Cariño
O Concello de Cariño convoca un proceso selectivo, mediante o sistema de oposición, para a contratación de dous técnicos de turismo e a formación dunha bolsa de emprego.
Ata o 19/05/2021
Praza de arquitecta ou arquitecto do Concello das Pontes
O Concello das Pontes convoca un proceso selectivo, mediante oposición libre, para a cobertura dunha praza de arquitecta ou arquitecto (Grupo A; Subgrupo A1; Clase técnico superior; Escala Administración Especial; Subescala Técnica).
Ata o 28/05/2021
44 prazas de tradutores e intérpretes do Estado
Convocado un proceso selectivo para cubrir 44 prazas do Corpo de Tradutores e Intérpretes do Estado, polo sistema xeral de acceso libre e proceso selectivo mediante oposición.
Dende o 06/05/2021 ata o 12/05/2021
1 praza Técnica/o de Turismo para a Oficina de Información Turística do Concello de Cabanas
O Concello de Cabanas informa da convocatoria para a selección dunha persoa para ocupar a praza de persoal técnico de turismo, para a o servizo de promoción turística do concello na Oficina de Información situada no Parque do Areal.
Centro Municipal de Información Xuvenil
R/ Río Monelos, s/n 15006 A Coruña | Tlf.: 981 184 294 | Fax: 981 184 295 |
cmix@coruna.es | www.coruna.gal/cmix