Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Información Juvenil

Área de Bienestar Social

A Xuventude no Mundo: intercambio xuvenil a Xapón

A Dirección Xeral de Xuventude, ao abeiro das relacións bilaterais que a Xunta de Galicia mantén con entidades doutros países, convoca un intercambio xuvenil á Prefectura de Wakayama (Xapón) co obxectivo de coñecer outras realidades socioculturais e lingüísticas e favorecer a adquisición de habilidades e competencias non formais que faciliten o desenvolvemento persoal dos mozos e mozas.

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

Desde el 05/09/2026 hasta el 10/09/2026

Inscripciones:

Desde el 22/05/2026 hasta el 29/05/2026

Requisitos:

  • Mozos e mozas galegos residentes en Galicia con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos de idade no momento de realizarse o intercambio.
  • Non poderán participar no intercambio os mozos e mozas que participaran noutro intercambio ao mesmo país no marco do programa "A Xuventude no mundo" nas últimas tres edicións realizadas (2023 e 2024 e 2025).
  • Procedemento:
    • Inscrición: mediante o envío do formulario electrónico na páxina de Xuventude.
    • Admisión: por rigorosa orde de inscrición. Unha vez pechado o prazo de inscrición, e nos 3 días seguintes, as persoas seleccionadas recibirán un correo electrónico de confirmación da praza e no que se solicitará a remisión, no prazo de 2 días hábiles, da documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos.
    • Adxudicación: tras a comprobación dos requisitos, as persoas adxudicatarias recibirán un correo para que acheguen ao correo electrónico wakayama.xuventude@xunta.gal, nos 5 días hábiles seguintes copia do billete de transporte, copia do seguro de viaxe, de accidentes e de enfermidade, e copia do pasaporte.

Página web:

xuventude.xunta.gal

Contacto:

Dirección Xeral de Xuventude

Tlfs: 981 545 822 e 981 545 869

Correo electrónico: wakayama.xuventude@xunta.gal

Intercambio xuvenil O Camiño Kumano Kodo irmandado co Camiño de Santiago

Cobertura do intercambio:

  • Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple.
  • Trasporte no ámbito do intercambio.
  • Actividades organizadas pola entidade de acollida (actividades provisionais previstas: percorrido por un tramo do Camiño Kumano Kodo, visita a lugares tradicionais da cultura xaponesa, encontros con mozos e mozas xaponeses, audiencia con autoridades).

Será a cargo das persoas participantes os gastos de desprazamento ata o lugar de aloxamento do intercambio en Xapón e os gastos do seguro de viaxe, de accidente e de enfermidade.

Reunión previa á saída: As persoas mozas seleccionadas serán convocados a unha reunión preparatoria do intercambio. A data de realización desta reunión será comunicada por correo electrónico con antelación suficiente.

No Pierdas

No Pierdas

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión