Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Axudas para os cursos para a obtención do CAP e para os permisos de condución das clases C e/ou D

A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes convoca axudas para realizar os cursos para a obtención do certificado de aptitude profesional acreditativo da cualificación inicial, ampliación ou promoción, e permisos de condución das clases C e/ou D, para o exercicio da actividade de condutor/a profesional.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Dende o 27/05/2026 ata o 30/09/2026

ás 20:00 h.

Duración:

O período subvencionable comprende do 31 de outubro de 2025 ao 30 de setembro de 2026.

Requisitos:

  • Ter feitos os 18 anos.
  • Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia con anterioridade ao inicio do período subvencionable (31 de outubro de 2025) e continuar empadroadas ininterrompidamente ata a data da resolución.
  • Para a liña 1, ter realizado e superado o/s curso/os para a obtención do certificado de aptitude profesional durante o período subvencionable (do 31 de outubro de 2025 ao 30 de setembro de 2026).
  • Para a liña 2, ter obtido o/os permiso/s de condución das clases C, C+E, C1, C1+E, D, D+E, D1 e D1+E, durante o período subvencionable.
  • Ter pagado as facturas dentro do período subvencionable.
  • A tramitación das solicitudes efectuarase respectando a súa rigorosa orde de presentación, e ata o esgotamento do crédito dispoñible.

Remuneración / Custo:

  • Para a liña 1, o importe máximo que percibirá cada alumno será de 1.200 €, para a obtención do certificado de aptitude profesional (CAP) e de 300 € para obtención do CAP na modalidade de ampliación ou promoción.
  • Para a liña 2, a contía máxima para os custos de matrícula e clases de condución para a obtención do permiso de condución das clases C, C+E, C1, C1+E, D, D+E, D1 e D1+E, será de 1.200 € por permiso de condución. No suposto de obter varios permisos de condución, da mesma ou de distinta clase, o importe máximo subvencionable será de 2.400 €.

Estas contías non poderá superar, en ningún caso, a cantidade total aboada pola persoa beneficiaria para a realización do/dos curso/s ou para obter o/os permiso/s de condución correspondentes. No suposto de solicitar varias liñas, o importe máximo subvencionable será de 3.900 € por alumno/a.

Páxina web:

conselleriadepresidencia.xunta.gal

Contacto:

Dirección Xeral de Mobilidade

Teléfonos 981 54 43 77 e 881 99 50 76

Enderezo electrónico: axudas.mobilidade@xunta.gal

Publicación: DOG 18/05/2026

Sede felectrónica (sede.xunta.gal) procedemento IF310G

2 liñas de axudas:

  • Liña 1: subvencionar os cursos realizados coa cualificación de apto para a obtención do certificado de aptitude profesional acreditativo da cualificación inicial e/ou de ampliación ou promoción dos condutores residentes na Comunidade Autónoma de Galicia, para o exercicio da actividade de condutor/a profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros por estrada.
  • Liña 2: subvencionar a obtención dos permisos de condución das clases C, C+E, C1, C1+E, D, D+E, D1 E D1+E.

O período subvencionable para ambas as liñas será do 31 de outubro de 2025 ao 30 de setembro de 2026. Tanto os cursos para a obtención do CAP como para a obtención dos permisos de conducir das clases C, C+E, C1, C1+E, D, D+E, D1 e D1+E deberán realizarse na Comunidade Autónoma de Galicia, a través das empresas autorizadas, como centros de formación CAP ou autoescolas.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión