Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Bolsas Aella 2026-2027. Bolsas de FormaciónProfesional para mulleres no sector enerxético e industrial

A Bolsa Aella, da Fundación Iberdrola, está dirixida a mulleres interesadas en cursar ciclos de Formación Profesional de Grao Medio ou Grao Superior en áreas crave para o sector enerxético, industrial e tecnolóxico.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 12/06/2026

Duración:

un cursoacadémico (10 meses). Poderá prorrogarse.

Requisitos:

  • Ser muller, de calquera nacionalidade, residente no Estado español.
  • Compromiso firme de matricularse nun dos ciclos formativos incluídos no alcance desta convocatoria, en calquera centro que imparta as titulacións oficiais de formación profesional dentro do territorio español.
  • Realizar os estudos en modalidade presencial e con dedicación completa.
  • Completar o formulario de solicitude dispoñible en www.iberdrolaespana.org e achegar a documentación requirida.

Remuneración / Dotación:

  • Axuda económica
    • 350€ mensuais neto.
    • dotación única de 500€ (material didáctico)
  • Programa de Acompañamento. As bolseiras participarán en sesións individuais e grupales de mentoría, talleres sobre empleabilidad, competencias persoais e dixitais, así como visitas, encontros e actividades de visibilización.
  • Prácticas. A Fundación, xunto con Iberdrola España, S.A.U. e as empresas colaboradoras do programa, comprométese a facilitala oferta de prazas de prácticas para a realización do módulo de Formación en Centros de Traballo (FCT) de todas as bolseiras seleccionadas.

Páxina web:

www.fundacioniberdrolaespana.org

Contacto:

Fundación Iberdrola

Rúa de Arequipa 1, 4ª Planta.28043 - Madrid

tel: 917 842 213

e-correo para as Bolsas Aella: aella-fp@iberdrola.es

Documentos:

Bases completas (pdf) (507 KB)

As bolsas están dirixidas a mulleres que queiran cursar os seguintes ciclos formativos:

  • Familia profesional: Electricidade e Electrónica:
    • - Grao Medio: Técnico en Instalacións Eléctricas e Automáticas
    • - Grao Superior: Técnico Superior en Mantemento Electrónico
    • - Grao Superior: Técnico Superior en Sistemas Electrotécnicos e Automatizados
  • Familia profesional: Instalación e Mantemento:
    • - Grao Medio: Técnico en Mantemento Electromecánico
    • - Grao Medio: Técnico en Instalacións Frigoríficas e de Climatización
    • - Grao Medio: Técnico en Instalacións de Produción de Calor
    • - Grao Superior: Técnico Superior en Instalacións Térmicas e de Fluídos
  • Familia profesional: Enerxía e Auga:
    • - Grao Superior: Técnico Superior en Enerxías Renovables
    • - Grao Superior: Técnico Superior en Eficiencia Enerxética e Enerxía Solar Térmica
    • - Grao Superior: Técnico Superior en Centrais Eléctricas

* IMPORTANTE

  • A bolsa é compatible coas bolsas públicas de carácter xeral do Ministerio ou das comunidades autónomas.
  • Non poderán solicitala bolsa quen curse estudos a distancia ou en modalidade parcial.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión