Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Bolsas MAEC-AECID para residencias na Real Academia de España en Roma
A Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento convoca bolsas co fin de fomentar a creación e a investigación en determinadas disciplinas artísticas a desenvolver na Real Academia de España en Roma.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 03/06/2026
Duración:
de catro a nove meses, dentro do período 1 de outubro de 2026 ao 30 de xuño de 2027.
Requisitos:
Ter a nacionalidade dun dos seguintes países:
España.
Unión Europea (excepto España): Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, Países Baixos, Polonia, Portugal, República Checa, Romanía e Suecia.
Iberoamérica: Arxentina, Bolivia, Brasil, Chile, Colombia, Costa Rica, Cuba, Ecuador, O Salvador, Guatemala, Honduras, México, Nicaragua, Panamá, Paraguai, Perú, República Dominicana, Uruguai e Venezuela.
Posuír unha das seguintes categorías:
Artista ou persoa creadora de demostrable traxectoria en áreas afíns a algunha das especialidades mencionadas anteriormente.
Persoa investigadora en áreas afíns a algunha das especialidades mencionadas anteriormente.
Cumprir a maioría de idade.
Non ser persoa beneficiaria dunha bolsa da AECID para residencias na Real Academia de España en Roma, desde a convocatoria 2016-2017.
Remuneración / Custo:
Aloxamento na Academia, sen manutención.
Dotación mensual: 1.400 euros.
Gastos de produción: a cantidade asignada a cada proxecto non poderá exceder de 20.000 €.
Exposicións: realización dun proxecto de coordinación artística e comisariado do programa de residencia do que son persoas beneficiarias directas, os artistas e investigadores bolseiros.
Bens culturais (Archivística, biblioteconomía e documentación; conservación e restauración, ...)
Deseño e outras prácticas creativas (deseño de moda, deseño gráfico, deseño de produto...)
Estudos teóricos (estética, historia e crítica da arte, museología, comisariado, mediación artística e cultural, filosofía, antropoloxía, ciencias e humanidades...)
Literatura (poesía, novela, ensaio, teatro, novela gráfica, texto dramático...)
Música (creación musical, musicología, arte sonora e interpretación ...)
Outras prácticas ou estudos (gastronomía, cómic, outros...)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible