Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Bolsas/Premio ao Mérito e Liderado 2022-2023

A Fundación Dádoris informa da apertura do prazo para solicitar as Bolsas/Premio ao Mérito e Liderado 2022-2023, destinadas a mozos de bacharelato con excelentes resultados académicos, en situación económica precaria (Limiar 1) que queren cursar estudos superiores.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 19/02/2022

Requisitos:

  • Ter media de sobresaliente en Bacharelato e cursalo en España e acceder a estudos superiores nunha universidade española.
  • Os ingresos da familia deben estar na contorna do Limiar 1 fixado pola Administración: aproximadamente un máximo de 4.000 euros de ingresos anuais por membro da unidade familiar.
  • Comprometerse a:
    • - Facer 50 horas de traballo social ao longo de todo o ano -á súa vontade- e preferentemente en temas educativos.
    • - Asumir un compromiso ético, non legal, de que se no futuro a vida permítecho, axudarás, como mínimo, a outra persoa que estea na túa mesma situación.

Remuneración / Dotación:

  • Premio económico variable en función das necesidades do solicitante, ata 9.000 euros/ano.
  • Apoio dun titor da Fundación para facilitar o desenvolvemento profesional: por exemplo, conseguir prácticas de verán, mellorar os idiomas, etc.

Páxina web:

fundaciondadoris.org

Contacto:

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión