Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Subvencións 1Planet4All

A túa organización traballa con mozas e ten un proxecto para frear a crise climática? necesitades apoio económico para facer realidade a vosa idea? Axuda en Acción convoca as subvencións 1Planet4All para impulsar proxectos de acción polo clima en España dirixidos a mozos entre 15 e 35 anos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 31/01/2022

Requisitos:

  • Poderán optar a este financiamento as entidades con personalidade xurídica que cumpran todos os requisitos seguintes:
    • Entidades sen ánimo de lucro legalmente constituídas, por tanto, que conten con NIF activo.
    • Os colectivos que participen deben facelo mediante proxectos deseñados, liderados e implementados por mozos entre 15 e 35 anos.
    • O público obxectivo ao que se dirixen as propostas debe incluír principalmente a mozas entre 15 e 35 anos.
    • Poderán presentarse propostas novas e propostas que xa estean en marcha e necesiten apoio a través desta convocatoria para ampliar o seu impacto e/ou a súa temporalidade.
  • As propostas deberán versar, prioritariamente, ao redor dalgunha das temáticas do proxecto 1Planet4All:
    • Migracións climáticas.
    • Produción sustentable e consumo responsable.
    • Emerxencia climática e saúde.
    • Educación para o desenvolvemento sustentable.
  • As actividades expostas na proposta deberán centrarse en polo menos una do seguintes tres liñas de actuación:
    • Sensibilizar
    • Formar
    • Fomentar a participación activa da mocidade.
  • Consultar na convocatoria os criterios prioritarios de selección.

Remuneración / Custo:

  • A contía mínima e máxima que se financiará é de 8.000€, e financiaranse tres propostas que se outorgarán a tres entidades diferentes. Só pode presentarse unha proposta por entidade.

Páxina web:

1Planet4All

Contacto:

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión