Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
O Concello de Abegondo convoca o Certame Letras Galegas 2026 co obxectivo de potenciar o uso da lingua galega, promover a literatura galega ao tempo que homenaxear a figura de Begoña Caamaño, a quen se lle dedica no ano 2026 o Día das Letras Galegas.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 15/06/2026
Requisitos:
Establécense as seguintes categorías de participación:
- Infantil: alumnado que curse estudos de infantil, na modalidade de Debuxo e Pintura
- Primaria: alumnado que curse estudos de primaria, nas modalidades de Poesía e Narrativa
- Secundaria e menores de 18: alumnado que curse estudos de secundaria e participantes menores de 18 anos, nas modalidades de Poesía e Narrativa
- Adultos: 18 anos ou máis, nas modalidades de Poesía e Narrativa.
- Audiovisual: persoas de todas as idades, na modalidade Audiovisual
Os traballos deberán ser orixinais e inéditos.
A lingua utilizada nas narracións e poesías deberá ser o galego. Nos debuxos e pinturas, no caso de levar algún texto, este deberá estar redactado en lingua galega.
Os traballos poden presentarse manuscritos, mecanografados ou formato dixital. Na categoría secundaria e menores de 18 anos, os traballos poderán ser en formato escrito e en formato audio. Na categoría audiovisual os traballos deben presentarse en formato dixital.
Valorarase que os traballos fagan referencia a Begoña Caamaño e/ou á obra desta autora, figura homenaxeada no Día das Letras Galegas 2026.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible