Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Cursos trimestrais de golf - Verán 26 (xullo-agosto)
O Concello da Coruña, a través do Servizo Municipal de Deportes, publica a información sobre o proceso de admision para os cursos de iniciación ao golf do verán de 2026, que se impartirán no Campo Municipal de Golf Torre de Hércules os meses de xullo e agosto.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Dende o 01/06/2026 ata o 07/06/2026
Horario:
A escoller quendas de dous días á semana, en horario de mañá ou de tarde (ver horarios ofertados en www.coruna.gal/deportes)
Prezo:
Infantil: 14,88€
Persoas adultas: 29,81€
Requisitos:
Establécense os seguintes grupos de idade:
Infantil: de 6 a 11 anos.
Xuvenil: de 12 a 16 anos
Persoas adultas: de 17 anos en diante.
Cada persoa poderá solicitar un máximo de dous cursos, pero só se poderá matricular nun único curso
Terán preferencia as persoas empadroadas no Concello da Coruña e que non teña xa participado noutro curso municipal de golf.
Listaxe provisional de solicitantes: publicarase o día 9 de xuño de 2026 na páxina web municipal www.coruna.gal/deportes e nos taboleiros de anuncios do propio Campo Municipal de Golf e das instalacións municipais da Cidade Deportiva da Torre, Polideportivo do Barrio das Flores e Palacio dos Deportes de Riazor, e no teléfono de información cidadá 010.
Emenda de erros: abrirase un prazo de corrección a partir da data de publicación das listaxes provisionais para que se poidan formular alegacións ata o 11 de xuño de 2026. As alegacións presentaranse por correo electrónico a través do enderezo de correo: programasdeportivos@coruna.gal.
Listaxe definitiva de solicitantes: publicarase o 12 de xuño de 2026 a partir das 14.00h.
Sorteo público: terá lugar o 15 de xuño de 2026, ás 09.00 h.
Listaxe de adxudicación de prazas e de espera: publicarase o 17 de xuño de 2026 a partir das 14.00h.
Matrícula: no Campo Municipal de Golf Torre de Hércules do 18 ao 26 de xuño de 2026 as persoas ás que lles corresponda praza. A xestión da lista de espera será dos días 27 ao 30 de xuño.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible