Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Programa de autoformación e probas para obter o certificado de competencias dixitais ComDix nivel de iniciación
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia convoca unha proba para a obtención do certificado galego en competencias dixitais
(ComDix). Esta proba compleméntase coa posta á disposición das persoas interesadas de contidos en liña en réxime de autoformación para adquirir os coñecementos que servirán de referencia antes de presentarse á proba.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Edición de outubro 2024: ata o 18 de setembro. Edición de novembro 2024: ata o 18 de outubro.
Prezo:
A matriculación na presente convocatoria estará exenta do pagamento de taxas.
Requisitos:
Poden acceder aos contidos das actividades do programa de autoformación, sen pasar por ningún proceso de selección, todas aquelas persoas que cumpran cos seguintes requisitos:
Ser maiores de 16 anos.
Estar dadas de alta como usuario/a da Rede CeMIT
O acceso aos contidos pode realizarse en calquera momento e estarán dispoñibles permanentemente na plataforma de teleformación da Rede CeMIT
Cada persoa determinará libremente as actividades formativas en que quere inscribirse e o período durante o cal vai traballar na actividade ou actividades do programa de autoformación elixidas.
O acceso aos contidos das actividades do programa de autoformación non implica a obriga de presentarse ás probas de certificación nin é tampouco un requisito para matricularse nelas.
A realización total ou parcial do itinerario formativo non dá dereito á expedición do certificado de competencias dixitais (ComDix), que se obterá unicamente pola superación da proba de certificación.
As persoas que desexen participar nas probas de certificación deberán:
Ser maiores de 16 anos.
Darse de alta como usuario/a da Rede CeMIT, para o que é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico.
Itinerario formativo. As actividades do programa de autoformación conforman un itinerario formativo composto polos 7 cursos seguintes:
Empezamos! Que nivel de competencias teño? Introdución ao Marco galego de competencias dixitais (10 horas)
ComDix iniciación I: coñece a contorna dixital (25 horas)
ComDix iniciación II: ten a información dixital sempre á man; buscar, seleccionar e gardar (35 horas)
ComDix iniciación III: tecnoloxías dixitais para conversar, compartir e colaborar (40 horas)
ComDix iniciación IV: participa na sociedade dixital; as vantaxes da administración electrónica (50 horas)
ComDix iniciación V: crea contidos dixitais con ferramentas ofimáticas e multimedia (50 horas)
ComDix iniciación VI: atopa o benestar dixital; tecnoloxía con sentidiño (40 horas)
Cada unha das actividades está composta de contidos multimedia actualizados, material complementario e cuestionarios de corrección automática ou actividades interactivas que facilitan unha aprendizaxe autónoma máis efectiva e que están relacionadas coas competencias derivadas do Marco galego de competencias dixitais. Matricularse nun curso non obriga á súa realización total, e poderán consultarse os seus contidos de forma parcial sen completar a totalidade das actividades que o compoñen.
Probas de certificación. Convócanse dúas edicións de probas de certificación presencial, nos meses de outubro e novembro de 2024. Datas na Coruña:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible