Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Técnico Superior en Sistemas de Regulación e Control Automáticos (LOXSE)

Nivel de estudos
Formación Profesional. Ciclo Superior (GRAO SUPERIOR)
Duración
2000 horas
Información xeral
Familia profesional: Electricidade e electrónica
Requisitos
  • Título de Bacharel da LOE.
  • Título de Bacharel da LOXSE.
  • curso do bacharelato experimental.
  • Curso de Orientación Universitaria (COU) ou Preuniversitario (PREU).
  • Título de técnico especialista (FP2), técnico superior ou equivalente para efectos académicos.
  • Título universitario ou equivalente para efectos académicos.
  • Ter superada a correspondente proba de acceso aos ciclos superiores.
  • Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos (participará no proceso selectivo coa cualificación de 5 puntos para os efectos de baremación).
Perfil profesional
Ámbito: Desenvolver, a partir de especificacións técnicas, equipos e instalacións automáticas de medida, control e regulación para máquinas, procesos e, en xeral, aplicacións industriais, e coordinar e supervisar a execución e o mantemento deses sistemas automáticos, optimizando os recursos humanos e medios dispoñibles, coa calidade requirida, nas condicións de seguridade e de normalización vixentes e cos custos acordados.

Sectores: Deseño e desenvolvemento de proxectos de automatización de máquinas e procesos, construción e posta a punto de equipos de medida, control e regulación automáticos, montaxe e posta en marcha de sistemas e instalacións industriais automáticas, mantemento de sistemas automáticos e dos seus equipos e instalacións asociadas.

Profesións para as que capacita: Técnico en definición, análise e desenvolvemento de proxectos de equipos e sistemas automáticos, proxectista electrotécnico, técnico en automatización, técnico en instrumentación industrial, técnico en control de procesos, técnico en soporte á produción, técnico en electricidade industrial, técnico en electrónica industrial, técnico en mantemento industrial, técnico en informática e comunicacións industriais, técnico en control e regulación de máquinas eléctricas.

Plano de estudos


HORAS TOTAIS 

DENOMINACIÓN DOS MÓDULOS

1º, 2º e 3º trimestre

215

Sistemas de control secuencial

130

Sistemas de medida e regulación

185

Informática industrial

185

Sistemas electrotécnicos de potencia

55

Seguridade nas instalacións de sistemas automáticos

55

Relacións no contorno de traballo

55

Formación e orientación laboral

4º, 5º e 6º trimestre

110

Comunicacións industriais

90

Xestión do desenvolvemento de sistemas automáticos

125

Desenvolvemento de sistemas secuenciais

110

Desenvolvemento de sistemas de medida e regulación

55

Calidade

80

Administración, xestión e comercialización na pequena empresa

90

Proxecto integrado

380

Formación en centros de traballo

Observacións
Acceso a outros estudos: Estudos universitarios de grao
Máis información

Portal educativo: www.edu.xunta.es/fp

Centros onde se imparte:

A Coruña

  • Coruña, A:  IES Urbano Lugrís (Tel. 981235945)
  • Ferrol: CIFP Ferrolterra (Tel. 981333107)
  • Padrón: IES Macías o Namorado (Tel. 981817008)

Pontevedra

  • Vigo: IES Politécnico de Vigo (Tel. 986213025)
  • Vigo: CPR Colegio Hogar Caixanova (Tel. 986414311)
  • Vilagarcía de Arousa: IES Fermín Bouza Brey (Tel. 986503800)
Normativa Legal
  • ENSINANZAS MÍNIMAS: Real decreto 619/1995, do 21 de abril (BOE 09-08-95)
  • CURRÍCULO: Real decreto 191/1996, do 9 de febreiro (BOE 06-03-93).  Decreto 349/1999, do 9 de decembro, (DOG 17-01-00 )

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión