EURES é unha iniciativa da Unión Europea que nace co obxecto de lle axudar á cidadanía da UE, os países do Espazo Económico Europeo (Noruega, Islandia e Liechtenstein), e Suíza a atopar traballo noutros países membros durante todo o ano, á vez que pon á súa disposición unha rede de conselleiros. O acceso e a utilización da rede EURES son gratuítos para os traballadores e os empresarios.
A Rede Eures utiliza un sistema informático en todas as linguas oficiais da UE, e a súa función principal é dar INFORMACION SOBRE AS OFERTAS E DEMANDAS DE EMPREGO NOS PAISES DA UE e do EEE, así como sobre as condicións de vida e de traballo nos devanditos países.
A través da súa páxina web poderás:
Os conselleiros EURES son especialistas formados que prestan os tres servizos básicos de EURES de información, orientación e colocación, tanto aos solicitantes de emprego como aos empresarios interesados no mercado laboral europeo.
Para buscar o teu conselleiro EURES, utiliza o buscador do portal.
Nalgúns países tamén é posible a utilización dun Chat En liña.
Xunta de Galicia, Consellería de Economía, Emprego e Industria
Apoio financeiro a traballadores desempregados para que realicen entrevista(s) de traballo ou se incorporen a un posto de traballo, aprendizaxe ou prácticas nun país do Espazo Económico Europeo e Suíza, distinto do de residencia, e/ou para realizar un curso de idiomas vinculado ás necesidades do posto.
Información:
É un proxecto para dar apoio financeiro á mocidade de idades entre 18 e 35 anos na procura de emprego nun país da UE distinto ao de residencia e a empresas interesadas na contratación de traballadores novos procedentes doutros países da UE. EURES España é socio dos proxectos de Italia e Suecia.
Información: www.sepe.es
30/05/2022
Ata o 27/05/2022
Ata o 30/09/2022
Ata o 03/06/2022
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible