Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Encontros de educación emocional para a mocidade no EX O Remanso

E se as túas emocións non foran as túas inimigas? O Espazo Xuvenil O Remanso acollerá un ciclo de tres encontros de educación emocional para a mocidade; un espazo de reflexión e aprendizaxe para comprender mellor o mundo emocional.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

5, 12 e 19 de novembro de 2026.

Inscricións:

Inscrición ata completar as prazas dispoñibles.

Horario:

De 18:30 a 20:30 horas, no Remanso (Praza de Catro Camiños).

Prezo:

De balde.

Requisitos:

  • Mocidade de 16 a 30 anos.
  • Facer incrición, mediante o formulario en liña. As prazas adxudicaranse por rigurosa orde de inscrición e abriranse listaxes de espera.

Páxina web:

www.coruna.gal/participación

Contacto:

Servizo Municipal de Participación Cidadá e Innovación.  Casa Veeduría (Cidade Vella). A Coruña

Teléfono 981 184 200. Ext. 10813/10810

Correo electrónico: participacion@coruna.gal

Esta formación forma parte da Escola de Participación, un programa de cursos e obradoiros gratuítos para apoiar e fortalecer o tecido asociativo e ofrecer novos espazos de aprendizaxe á cidadanía posto en marcha polo Servizo de Participación Cidadá e Innovación do Concello da Coruña.

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión