Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Novos itinerarios informativos - Proxecto de formacion "EFESO Coruña"

Este proxecto, confinanciado polo Fondo Social Europeo Plus, está destinado a persoas desempregadas residentes na Coruña, inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia, con especiais dificultades para acceder ao mercado laboral. Estará composto con formacións no ámbito da hostalaría, atención a persoas dependentes, comercio e márketing, administración e xestión, industria alimentaria e imaxe persoal.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Prezo:

Gratuíto.

Requisitos:

  • O proxecto está dirixido a persoas desempregadas residentes na Coruña, inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia, con especiais dificultades para acceder ao mercado laboral.
  • Os beneficiarios e beneficiarias das accións formativas deberán pertencer a algún dos seguintes colectivos como requisito de acceso:
    • Persoas desempregadas de longa duración
    • Persoas maiores de 45 anos, en particular, mulleres
    • Persoas con algún tipo de discapacidade igual ou superior ao 33%
    • Persoas inmigrantes
    • Outras persoas en situación de vulnerabilidade social
  • A través dunha entrevista de diagnóstico inicial confirmarase a correspondencia cos perfís do proxecto e propoñerase a posibilidade de participar nas accións do proxecto.

Páxina web:

https://www.coruna.gal/emprego/

Organiza:

Concello da Coruña. O proxecto está cofinanciado polo Fondo Social Europeo +.

Contacto:

Comercio e Márketing

  • Actividades auxiliares de almacén (Certificado Profesional Nivel 1)
    • Do 16 de xuño ao 4 de setembro de 2026
    • 289 horas
  • Actividades auxiliares de comercio (Certificado Profesional Nivel 1)
    • Do 9 de xuño ao 16 de setembro de 2026
    • 349 horas

Técnicas de limpeza e desinfección hospitalaria

  • Do 10 de xuño ao 29 de xullo de 2026
  • 174 horas

Industria alimentaria

  • Carnicería e charcutería
    • Do 22 de maio ao 5 de agosto de 2026
    • 264 horas

Inscrición

As prazas son limitadas. Pódese solicitar información e inscribirse en:

Servizo Municipal de Emprego do Concello

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión