Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2021/22

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade convoca as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2021/2022.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Dende o 18/05/2021 ata o 02/07/2021

Requisitos:

ACCESO ÁS ENSINANZAS DEPORTIVAS DE GRAO MEDIO

Terá acceso ao grao medio das ensinanzas deportivas as persoas que cumpran calquera dos seguintes requisitos:

a) Para o acceso ao ciclo inicial ou primeiro nivel de grao medio, dispor do título de graduado en educación secundaria na opción de ensinanzas académicas ou na de ensinanzas aplicadas, ou equivalente, e superar unha proba específica ou acreditar un mérito deportivo.

Para o acceso ao segundo nivel de grao medio: ter superados os estudos do primeiro nivel na correspondente modalidade ou especialidade deportiva, e poderase requirir a superación dunha proba de carácter específico ou acreditar un mérito deportivo

b) A persoa que non dispoña do título de graduado en educación secundaria, ou equivalente, deberá ter 17 anos e superar a proba de madureza, ademais da correspondente proba específica.A proba de madureza poderase substituír pola proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de FP, pola parte común da proba de acceso a grao superior de FP, pola proba de madureza de acceso a ciclos formativos de grao medio ou de grao superior de artes plásticas e deseño, a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, ou a proba de acceso substitutiva do requisito de titulación para as ensinazas artísticas superiores.

ACCESO ÁS ENSINANZAS DEPORTIVAS DE GRAO SUPERIOR

Terá acceso ao grao superior das ensinanzas deportivas a persoa que cumpra os seguintes requisitos:

a) Dispor do título de técnico deportivo na correspondente modalidade ou especialidade deportiva, e poderase requirir, ademais, a superación dunha proba de carácter específico, acreditar un mérito deportivo ou cumprir cos requisitos relativos á experiencia deportiva que se poidan establecer na especialidade ou modalidade correspondente, e ter, cando menos, algún dos seguintes títulos, ou outro declarado equivalente para os efectos académicos: bacharelato,  título de técnico superior, título universitario.

b) O alumnado que non posúa o título de bacharel, ou equivalente para os efectos académicos, deberá ter 19 anos e superar unha proba de madureza. A idade mínima establecida deberase cumprir dentro do ano natural da realización das probas.

A proba de madureza poderase substituír pola parte común da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional, pola proba de madureza de acceso a ciclos formativos de grao superior de artes plásticas e deseño, a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou a proba de acceso substitutiva do requisito de titulación para as ensinazas artísticas superiores.

Páxina web:

www.edu.xunta.gal

Contacto:

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

Departamento Territorial da Coruña

Edificio Administrati vo de Monelos, 7º andar.  Rúa Vicente Ferrer, 3. 15008- A Coruña

Tel.: 981 184 701

www.edu.xunta.gal: Oferta educativa deportes

PUBLICACIÓN: DOG 14/05/2021

DATAS DE INSCRICIÓN: do 15 de maio ao 2 de xullo de 2021.

LUGAR DE INSCRICIÓN: na secretaría dos centros públicos onde se impartan ensinanzas deportivas,  preferentemente na secretaría dos centros públicos onde se vaian realizar as probas de carácter específico.

Centros onde se poderá realizar a inscrición para as probas:

Modalidade

Centros

Fútbol

IES Universidade Laboral (Culleredo)

IES Sánchez Cantón (Pontevedra)

Fútbol sala

CIFP A Farixa (Ourense)

Baloncesto

IES Fermín Bouza Brey (Vilagarcía de Arousa)

IES As Fontiñas (Santiago de Compostela)

Balonmán

IES Sánchez Cantón (Pontevedra)

Atletismo

IES Nosa Señora dos Ollos Grandes (Lugo)

IES As Barxas (Moaña)

Vela

IES Fermín Bouza Brey (Vilagarcía de Arousa)

  • RELACIÓN PROVISORIA DE PERSOAS INSCRITAS: o 8 de xullo nos taboleiros dos centros onde realizou a inscrición e na web www.edu.xunta.gal
  • RECLAMACIÓNS: desde o día 8 ao  12 de xullo.
  • RELACIÓN DEFINITIVA DE PERSOAS INSCRITAS: o día 15 de xullo nos taboleiros dos centros onde realizou a inscrición e na web www.edu.xunta.gal

DESENVOLVEMENTO DAS PROBAS:

PROBAS DE MADUREZA:

Terán lugar no IES As Fontiñas, Santiago de Compostela, no día e nas horas que se indican a seguir:

  • GRAO MEDIO: 7 de setembro, das 9.00 ás 13.00 horas.
  • GRO SUPERIOR: 7 de setembro, das 9.00 ás 13.00 horas.
Modalidade

Lugar da proba

Data de realización

BALONCESTO

IES Fermín Bouza Brey (Vilagarcía de Arousa)

14 de setembro ás 10.00 h.

FÚTBOL SALA

IES As Lagoas (Ourense)

8 de setembro ás 10.00 h.

ATLETISMO

IES Nosa Señora dos Ollos Grandes (Lugo)

15 de setembro ás 10.00 h.

FÚTBOL

IES Universidade Laboral (Culleredo)

9 de setembro ás 10.00 h.

IES Sánchez Cantón (Pontevedra) Inst. A Xunqueira

13 de setembro ás 11.00 h.

BALONMÁN

IES Sánchez Cantón (Pontevedra) Inst. A Xunqueira

13 de setembro ás 10.00 h.

VELA

Centro Galego de Vela (Vilagarcía de Arousa)

14 de setembro ás 11.30 h.*

*a data do exame de VELA poderá variar no caso de non darse as condicións meteorolóxicas necesarias o día establecido

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión