A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, a través da Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación, convoca probas de avaliación en competencias clave para acceder á formación dos certificados de profesionalidade de niveis 2 e 3 de cualificación.
Para público en xeral
A realización das probas terá lugar, previsiblemente, na segunda quincena de do mes de maio de 2023.
Ata o 10/02/2023
Instituto Galego das Cualificacións
Edificio Administrativo San Lázaro, 15781 en Santiago de Compostela
Teléfonos: 981 546 840 / 981 546 843 / 981 546 845 / 981 546 854 / 981 546 858
Correo electrónico: ctb.igcualif@xunta.gal
Publicación: DOG 10/01/2023
Sede electrónica (sede.xunta.gal) procedemento TR306A
Convócanse probas nos niveis de cualificación profesional 2 e 3 nas seguintes competencias clave:
A superación das probas de competencias clave permitirá o acceso á formación dos certificados de profesionalidade do nivel correspondente. As competencias clave requiridas para todos os certificados de profesionalidade das 26 familias profesionais do Repertorio nacional de certificados de profesionalidade para os niveis de cualificación 2 e 3 son: competencia matemática, comunicación en lingua castelá e comunicación en lingua galega. A competencia de comunicación en lingua estranxeira soamente se require nos certificados de profesionalidade que teñen un módulo formativo de lingua estranxeira.
O lugar e horarios de realización das probas publicaranse na páxina web da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.
Ata o 10/02/2023
Envía a tua idea ou proposta a nocturniacoruna@gmail.com
Ata o 01/03/2023
Dende o 25/01/2023 ata o 07/02/2023
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible