Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Programa NEO

NEO é un programa de actividades de verán para mozas/os de entre 12 e 17 anos nas que promover un lecer que favoreza hábitos saudables de utilización do tempo libre. Se cres que é parecido a Nocturnia… tes toda a razón! Son actividades deportivas, ambientais, artísticas pero realizaranse durante a semana en horarios diurnos e adaptándonos aos tempos da xente máis nova coma ti.

A quen vai dirixido?:

Para mozas/os de entre 12 e 17 anos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 01/08/2021 ata o 22/08/2021

Mes de agosto 2021

Xa rematou

Inscricións:

O periodo de inscrición será do 28 de xullo ás 10.00 h ata o 30 de xullo, ata ás 12.00 h

Prezo:

Gratuito.

Organiza:

Área de Igualdade, Benestar Social e Participación, a través do servizo municipal de Mocidade.

Contacto:

Enderezo electrónico: nocturniacoruna@gmail.com

Webs: www.coruna.gal/mocidade 

Redes sociais: Instagram, Facebook, e Twitter

Documentos:

Programa NEO 2021 - Folleto actividades (133 KB)

Participas? Pois tes que saber que....

  • A participación nas actividades é gratuita.
  • O programa ten activado un protocolo sanitario específico que estará dispoñible na web. A participación implica a aceptación deste protocolo.
  • As prazas para cada actividade estarán acordes á normativa de aforos establecida na normativa vixente para actividades de lecer e tempo libre para a xuventude de Galicia.
  • As actividades ofértanse en cada barrio na rede de centros cívicos agás aquelas que pola súa tipoloxía precisen doutro espazo de realización.
  • Para participar é obrigatorio, una vez se consiga praza nas actividades, asinar a Declaración reponsable vencellada á situación sanitaria derivada pola covid-19.

Queres inscribirte? 

Accede aos formularios de inscrición por centros:

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión