Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Votación final dos Orzamentos Participativos 2022

A sexta edición dos Orzamentos Participativos do Concello da Coruña afronta a súa última fase, a da votación final dos proxectos seleccionados na fase de apoios, cunha cifra récord de cidadáns que apoiaron algunha das 560 propostas viables presentadas: 160 para toda a cidade e 400 para os diversos distritos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Ata o día 30 de novembro estará aberto o prazo para a votación final das propostas de investimento máis apoiadas pola cidadanía

Requisitos:

As normas básicas para participar nesta fase son as seguintes:

  1. Calquera persoa maior de 16 anos e empadroada na cidade pode votar as propostas que seleccione.
  2. Non é preciso ter participado nas fases anteriores presentando propostas ou apoiando.
  3. Cada persoa pode votar propostas da partida de toda a cidade ata o límite de 1.000.000 de euros e, ademais, propostas nun máximo de TRES distritos, ata un límite de 150.000 euros en cada un deles.
  4. A participación está habilitada, igual que nas fases anteriores, a través da plataforma nacorunacontas.coruna.gal. En dita plataforma pódense consultar todas as propostas presentadas.

Páxina web:

https://nacorunacontas.coruna.gal/

Organiza:

Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación

Contacto:

Na Coruña contas

Orzamentos Participativos

Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación

Concello da Coruña

Tel.: 981 184 255 | 981 184 200 ext. 33022

Ditas propostas poderán votarse do venres 18 ata o vindeiro día 30 de novembro, ámbolos dous incluídos, con vistas a súa inclusión no proxecto de orzamentos municipais de cara ao ano 2023.

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión