30/05/2022 Ata o 27/05/2022
| Encontro Xuventude Axenda Urbana da Coruña 2030 | O vindeiro luns celebrarase no Espazo Xuvenil O Remanso un encontro dirixido a mozas e mozos da Coruña entre os 16 e os 30 anos, dentro das actividades para a elaboración da Axenda Urbana da Coruña 2030. | Horario: 17:00h.
|
|  |
|
30/05/2022 | Charla: Enfermidades ambientais | A Asociación de veciños de Oza, A Gaiteira e Os Castros e o Grupo de divulgación científica e innovación docente da Universidade da Coruña, UDCiencia i+d , organizan esta charla enmarcada programa de divulgación científica: PARA SABER + | Horario: De 19.00 h. a 20.30 h.
| Prezo: De balde.
|
|  |
|
Dende o 27/05/2022 ata o 05/06/2022 | (S8) XIII Mostra de Cinema Periférico | A (S8) Mostra de Cinema Periférico recupera a presencialidade e a experiencia colectiva na súa 13ª edición e durante unha semana transformará a cidade en toda unha referencia do cinema experimental e de vangarda, cun amplo programa de proxeccións, obradoiros e performances ao vivo na Domus, a Fundación Luis Seoane, o Palexco e o Porto. | Prezo: entrada libre ata completar a capacidade
|
|  |
|
Dende o 03/06/2022 ata o 26/06/2022 O prazo de inscrición de cada actividade finaliza o domingo anterior á realización da mesma.
| Actividades do mes de xuño nas Casas da Mocidade de Oleiros | As Casas da Mocidade de Oleiros, As Pedras e Portaberta, organizan unha ampla variedade de actividades para o mes de xuño. | Prezo: De balde.
|
|  |
|
Dende o 01/08/2022 ata o 07/08/2022 Ata o 01/06/2022 | Campus de voluntariado ambiental "1Planet4All" | Axuda en Acción organiza un campus de voluntariado ambiental na Serra Norte de Madrid para mozos entre 20 e 28 anos con interese na acción polo clima (ODS13). Esta iniciativa de voluntariado está incluída no programa 1Planet4All, financiado pola UE, que promove a participación e compromiso activo da mocidade para dar resposta fronte á emerxencia climática | Prezo: Gratuíto, incluíndo: - Aloxamento e manutención en réxime de pensión completa, en habitacións compartidas/comunitarias
- Transporte de ida e volta entre o lugar de orixe do participante e o albergue, transportes internos durante as actividades, desenvolvemento e material das actividades de voluntariado, monitores para as actividades, seguro obrigatorio de accidentes e responsabilidade civil, certificado de participación
|
|  |
|
05/06/2022 Ata o 31/05/2022 | RUNKI Carreira dos Superheroes | Enki e Fundación Adcai organizan para o próximo 5 de xuño a competición benéfica e a favor da inclusión das persoas con discapacidade "RUNKI, Carreira dos Superheroes". Ademais, para promocionar a carreira, convocan para o sábado 28 de maio na Mariña a "RUNKILLAMADA!", un evento cheo de actividades para toda a familia xunto cun adestramento de 7 km | Prezo: - Dorsal ordinario: 7€
- Dorsal reducido: 5€, persoas con diversidade funcional e menores de 10 anos
- Dorsal fila 0: 10€,
|
|  |
|
2 quendas no mes de xullo de 2022.
Dende o 20/05/20221ª quenda ata o 19 de xuño. 2ª quenda ata o 3 de xullo.
| Campamento náutico + inglés - UDC | Campamento dirixido a rapaces e rapazas entre os 9 e os 15 anos, nos que a través de dinámicas de lecer e actividades náuticas fomentarase a comunicación en inglés. As actividades terán lugar na Aula Náutica da UDC (Dique de abrigo, A Coruña).
| Horario: Horario das actividades: de 9:00 a 14:30 h. Horario de comedor (opcional): de 14:30 a 15:30 h.
| Prezo:
- 1ª quincena xullo: 175,00€ (comunidade universitaria). 195,00€ (non universitaria)
- 2ª quincena xullo: 160,00€ (comunidade universitaria). 175,00€ (non universitaria)
Descontos: 10% 2º fillo/a. 10% familia numerosa.
Prezo comedor (as tarifas de comedor non teñen desconto):
- 1ª quincena: 73€
- 2ª quincena: 66 €
|
|  |
|
Dende o 20/05/2022 Campamento xuño: ata 12 de xuño. Campamentos 1ª quincena xullo: ata 19 de xuño. Campamentos 2ª quincena xullo e setembro, ata 3 de xullo.
| Campamento multideportivo - UDC | Campamentos multideportivos para rapaces e rapazas de entre 6 e 12 anos, con actividades multideportivas de recreación, de tempo libre, medio ambientais, náuticas, xogos tradicionais galegos, xincanas, excursións... | Horario: Horario das actividades: de 9:00 a 14:30 h. Horario de comedor (opcional): de 14:30 a 15:30 h.
| Prezo:
- Xuño: 84,00€ (comunidade universitaria). 99,00€ (non universitaria)
- Primeira quincena xullo: 140,00€ (comunidade universitaria). 165,00€ (non universitaria)
- Segunda quincena xullo: 126,00€ (comunidade universitaria). 150,00€ (non universitaria)
- Setembro: 70,00€ (comunidade universitaria). 85,00 (non universitaria)
Descontos: 10% 2º fillo/a. 10% familia numerosa.
Prezo comedor:
- Xuño: 40€
- 1ª quincena xullo: 66€
- 2ª quincena xullo: 60 €
- Setembro: 33€
As tarifas de comedor non teñen desconto.
|
|  |
|
28/05/2022 Ata o 26/05/2022 antes das 15:00 horas.
| Ruta da Fervenza das Hortas - Arzúa | O Club de Montaña O Carroucho ten peparada unha fermosa ruta polo interior da provincia da Coruña: o PRG-169 é un sendeiro de pequeno percorrido desde a Capela de Fonte Santa e o seu río, ata o encoro de Portodemouros, para rematar na Fervenza das Hortas. | Prezo:
- 12€ para os socios
- 15€ para non socios federados
- 17€ para non socios non federados.
Inclúe desprazamento en autobús e seguro de actividade.
|
|  |
|
ata cubrir prazas. | Navegacións diúrnas na goleta Juan de Lángara | A Asociación Juan de Lángara organiza navegacións diúrnas polo Golfo Ártabro durante o mes de xuño de 2022. | Horario: De 10 a 20 horas, os días 5, 12, 19 e 25 de xuño de 2022. | Prezo: - Mozos da Coruña de 16 a 25 anos: 25 euros.
- Mozos de 16 a 25 anos: 35 euros
- Maiores de 25 anos: 45 euros
|
|  |
|
30/07/2022 | Neox Music Day | A Coruña acolle o Neox Music Day, un evento de música incluído na programación do Xacobeo, que terá lugar en ExpoCoruña. | Horario: A partir das 17h. |
|  |
|
Dende o 17/06/2022 ata o 19/06/2022 | XI Encontro Artes Pola Integración | O Encontro Artes pola Integración da cidade da Coruña chega á súa 11ª edición mantendo o seu obxectivo de romper as brechas entre artistas e persoas con e sen diversidade funcional, un proxecto integrador e transformador no que teñen cabida tanto as artes escénicas, como as artes visuais e as artes plásticas | Prezo: de balde
|
|  |
|
Dende o 03/07/2022 ata o 09/07/2022Dende o 20/05/2022 ata o 26/05/2022 | X Campus de Verán XuvenCiencia da USC | XuvenCiencia é o campus científico estival promovido polo Grupo de Innovación Docente do Campus de Lugo da USC que nesta 10ª edición oferta na sede universitaria luguesa 16 proxectos e 13 obradoiros de divulgación científica para 95 estudantes de 4º de ESO, Bacharelato e ciclos medios de FP | Horario: A entrada será o domingo 3 de xullo, de 18.00 a 21.00 h, e a saída o sábado 9 de xullo, de 9.00 a 10.30 horas
| Prezo: 250 €
A matrícula inclúe aloxamento e pensión completa con acompañamento de monitores titulados, participación nas actividades do Campus, o programa de tarde e noite Lumieira Acompaña, material necesario para o Campus, seguro e diploma de participación da USC
|
|  |
|
06/06/2022 | Documental: A Virxe Roxa | O Fórum Metropolitano acolle a proxeción do documental " A virxe Roxa", enmarcado no ciclo Cinema de Barrio da Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros. | Horario: 19:30
| Prezo: Entrada de balde até completar aforo.
|
|  |
|
|
|