|
|
Dende o 24/05/2022 ata o 01/06/2022 | Convocatoria para o uso de instalacións xuvenís por colectivos xuvenís | A Consellería de Política Social abre o prazo para que colectivos xuvenís soliciten o uso de instalacións xuvenís para a realización de programas de lecer educativo e tempo libre durante a Campaña de verán 2022. | Duración: Quendas no período 15 de xuño - 10 de setembro de 2022. | Prezo: Os prezos dos servizos ofertados aparecen recollidos no anexo I, punto A.1, da Orde do 1 de abril de 2016
Grupos inscritos no Rexistro da Consellería de Política Social como entidades prestadoras de servizos sociais, asociacións xuvenís e entidades prestadoras de servizos á mocidade, domiciliadas na Comunidade Autónoma galega e inscritas no correspondente censo ou rexistro dependente da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, terán un desconto do 50 %.
|
|  |
|
Ata o 05/06/2022 | Bolsas Fundación SEPI Iniciación na Empresa | A Fundación SEPI convoca a edición 2022/1 do seu programa de bolsas Iniciación na Empresa, co obxectivo de posibilitar un período de formación práctica no ámbito empresarial a persoas novas (universitarias ou de grao superior de formación profesional) sen experiencia profesional. | Duración: 6 meses |
|  |
|
Ata o 02/06/2022 | Estadías e servizos nas residencias de tempo libre 2022 | A Consellería de Política Social convoca o procedemento de adxudicación de estadías e servizos nas residencias de tempo libre de Panxón e O Carballiño nos meses de xullo, agosto e setembro de 2022. | Duración: Quendas dunha semana. | Prezo: Os prezos para as estadías e servizos ofertadas serán os previstos no Decreto 84/2012, do 16 de febreiro, polo que se establecen os prezos públicos polas prestacións das residencias de tempo libre, actualizados pola Orde do 4 de xuño de 2013
|
|  |
|
Ata o 22/06/2022 | Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar | A Consellería de Cultura, Educación e Universidade regula a participación no fondo solidario de libros de texto e convoca axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23. |
|  |
|