Logo do CMIX (Centro Municipal de Información Xuvenil)
Non perdas
Actividades
Becas e axudas
Exames
Concursos e premios
Cursos
Oposicións
  
Dende o 21/06/2021 ata o 21/07/2021 Ata o 15/06/2021
Curso en liña de Lingua de Signos Española A1.1
Se queres aprender Lingua de Signos desde cero, a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, FAXPG, convoca un curso para persoas sen coñecementos previos e que queren aprender a lingua de signos desde casa.
Prezo:

60 euros.

Ata o 03/10/2021
Formación para profesoras/é de ioga integral. Curso 2021-2022
A Escola de Ioga Integral Mahashakti abre prazo de matrícula para o curso 2021-2022 de formación de profesoras/é de ioga integral, avalada pola Federación Española de Escolas de Formadores de Ioga e adaptada ao Real Decreto 1034/2011 que regula o Certificado de Profesionalidade de Instrución en Ioga
Prezo:

135€/mes


Prazas limitadas. Pódese facer a reserva de praza na web http://cemit.xunta.es/gl/centro/101

Cursos CEMIT PRESENCIAIS maio 2021
A aula do CEMIT no Centro Cívico de Eirís (A Coruña) ofrece novos cursos gratuitos e presenciais para o mes de maio.

curso 2021-2023.

Espazo compartido: Programa universitario de formación sociolaboral para persoas con discapacidade cognitiva
Espazo Compartido é un programa promovido pola Universidade da Coruña de formación en habilidades persoais, sociais e competencias básicas, para a empregabilidade e a inclusión laboral de mocidade con discapacidade cognitiva.
Duración: 2 cursos académicos (900 horas /curso)
Horario:
  • Docencia: Luns a xoves, de 09:00 a 14:00 horas.
  • Obradoiros, os venres de: 0 9:00 a 14:00 horas.
  • Titorías e Servizos de Apoio: luns a xoves, de 16:30 a 19:00 horas.
Prezo:

Gratuíto. Becado pola Fundación ONCE.

Universidade da Coruña. Xornada Virtual de Portas Abertas
O xoves 8 de abril a Universidade da Coruña, UDC, celebrou a Xornada Virtual de Portas Abertas da (XVPA), na que amosaron a oferta académica e vida universitaria ao Futuro Estudantado. Dado que as medidas sanitarias seguen sen permitir a organización de Xornadas de Portas Abertas presenciais, manteñen activa a web da Xornada Virtual onde atoparás moita información da UDC.
Dende o 25/05/2021 ata o 29/06/2021
Cibernarradores
Curso en liña gratuíto para ensinar a crear novas narrativas fronte ao odio e a manexar as ferramentas máis poderosas de ciberactivismo para difundilas.
Prezo:

Gratuíto.

Dende o 28/06/2021 ata o 06/08/2021

Aberto prazo de preinscrición en incyde.org

Programa Emprendemento e Drons
"Emprendemento e Drons" é un programa en liña e gratuíto para menores de 30 anos, convocado pola Cámara de Comercio de Santiago en colaboración coa Fundación INCYDE e o Concello de Santiago. O obxectivo fundamental do curso é proporcionar unha visión global das distintas áreas funcionais da empresa para poder determinar oportunidades de mercado e desenvolver o Plan de Empresa / Plan de Mellora, sempre coa axuda das ferramentas de xestión para favorecer a súa posta en marcha.
Duración: (6 semanas na modalidade en liña e unha semana de traballo de campo.
Horario:

a) Sesións de formación conxunta: Luns a xoves en horario de 16.00 a 19.00 horas ou de 16.30 a 18.30 horas, segundo o día e de acordo co calendario de sesións que figura ao final do documento.

b) Accións de acompañamento e consultoría individualizada No horario que acorden o alumn@ e o consultor.

Prezo:

Gratuíto.

Dende o 24/05/2021 ata o 09/07/2021

40 prazas, por riguroso orde de inscrición. Formulario de inscrición.

Curso online Infraestrutura Verde Urbana: claves para a planificación, xestión e avaliación
O CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia, organiza a 3ª edición do curso "Infraestrutura Verde Urbana: claves para a planificación, xestión e avaliación" na modalidade online, no que abordarán cuestións clave vinculadas ao deseño, implementación e mantemento da infraestrutura verde nas contornas urbanas, o papel que xogan na planificación ante os novos retos das cidades, a relevancia da educación e a participación cidadá nestes procesos e os instrumentos necesarios para a súa correcta avaliación e seguimento.
Horario:

Formación online. 40 horas (7 semanas)

Prezo:
  • Matrícula xeral: 130 € (145 € para transferencias internacionais).
  • Matrícula reducida: 10% desconto (118 €) para estudantes e persoas desempregadas.
29/05/2021
Curso Intensivo de Wedding Planner
A Escola Superior Marcelo Macías, en colaboración con Love Lovely, impartirá o Curso Intensivo de Wedding Planner.
Duración: 8 horas.
Horario:

De 10:00 a 14:00h. e de 16:00 a 20:00h.

Prezo:

100 €

29/05/2021
Curso Intensivo de Montaxe e Retoque Fotográfico
A Escola Superior Marcelo Macías impartirá o Curso Intensivo de Montaxe e Retoque Fotográfico (Nivel Medio-Avanzado).
Duración: 8 horas.
Horario:

De 10:00 a 14:00h. e de 16:00 a 20:00h.

Prezo:

100 €

29/05/2021
Curso Intensivo de Comercio Electrónico
A Escola Superior Marcelo Macías impartirá o Curso Intensivo de Comercio Electrónico. Este curso, 100% práctico, abarca todo o proceso de posta en marcha dunha tenda en liña, desde a idea e a súa validación, ata a publicación da tenda, upload de produtos e o posterior proceso de márketing dixital e publicidade en liña.
Duración: 8 horas.
Horario:

De 10:00 a 14:00h. e de 16:00 a 20:00h.

Prezo:

100 €

29/05/2021
Curso Intensivo de Big Data & Data Analytics
A Escola Superior Marcelo Macías impartirá o Curso Intensivo de Big Data & Data Analytics, cuxos obxectivos son: coñecer as profesións e áreas de coñecemento implicadas en Big data, preparar un proxecto de medición de datos, descubrir o ecosistema de ferramentas de medición de Google e aprender a utilizar Google Analytics e Google Datastudio para crear paneis de control de datos.
Duración: 8 horas.
Horario:

De 10:00 a 14:00h. e de 16:00 a 20:00h.

Prezo:

100 €

Centro Municipal de Información Xuvenil
R/ Río Monelos, s/n 15006 A Coruña | Tlf.: 981 184 294 | Fax: 981 184 295 |
cmix@coruna.es | www.coruna.gal/cmix