Boletín rede municipal de información xuvenil - 05/10/26
Cursos
Cursos Sistema de Garantía Xuvenil Cámara de Comercio - Outubro 2026
Formación gratuíta destinado a persoas novas menores de 30 anos non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación.
Prezo:

gratuíto

Autoconcepto, autoestima e regulación emocional. Estratexias de autocuidado efectivas, críticas e realistas
Dende o 04/12/2026 ata o 18/12/2026 

Os días 4, 11, 14 e 18 de decembro.

O curso poderase seguir de forma presencial, en liña en directo ou en diferido, cunha duración de 20 h.
Curso de formación básica en voluntariado
Dende o 23/10/2026 ata o 24/10/2026 
A Universidade da Coruña, a través da Oficina de Cooperación e Voluntariado, organiza un curso de formación básica en voluntariado. Levarase a cabo no Centro Universitario de Riazor.
Horario:

Venres 23 : de 16:00 a 20:30 h

Sábado 24 : de 9:30 a 14:00 h e de 16:00 a 20:30 h

Prezo:

De balde

Obradoiro de encadernación cruzada
Dende o 20/10/2026 ata o 22/10/2026 
Datas de inscrición: Dende o 09/10/2026
A biblioteca pública Miguel González Garcés organiza un obradoiro no que as persoas participantes aprenderán a técnica de encadernación cruzada.
Horario:

De 18:00 a 20:00 h

Prezo:

De balde

Seminario informativo sobre Voluntariado Europeo | Corpo Europeo de Solidariedade
29/10/2026 
A Fundación Paideia Galiza organiza un novo seminario informativo para explicar en que consiste o programa de Voluntariado na UE, un proxecto enmarcado dentro do Corpo Europeo de Solidariedade. Queres saber en que consiste programa de mobilidade europea do Corpo Europeo de Solidariedade? Que cobre? Como solicitar un proxecto?
Horario:

Ás 13:00 h.

Prezo:

de balde.

Palabras contra a dor: Aprender dos clásicos para a superación da ansiedade, a depresión e o risco de suicidio
Dende o 27/10/2026 ata o 01/12/2026 
  • 27 de outubro
  • 3, 10, 17 e 24 de novembro
  • 1 de decembro
O curso poderá seguirse de forma presencial no Centro UNED A Coruña, en liña en directo (streaming) e en diferido, cunha duración de 20 horas.
Iniciación aos primeiros auxilios I
05/12/2026 
Datas de inscrición: Ata o 03/12/2026
Cruz Vermella organiza este curso presencial, dirixido á adquisición ou actualización dos coñecementos, habilidades e destrezas básicas necesarias para actuar ante unha situación de emerxencia sanitaria. A formación aborda de maneira práctica os conceptos fundamentais dos primeiros auxilios e do soporte vital básico.
Horario:

De 09:00 a 14:00 h

Prezo:

30 € externo

Programa de Bolsas IBM - Fundae: certificado ciberseguridade (non titorizado)
Formación gratuíta en liña ofrecida por IBM, en colaboración con Fundae.
Prezo:

Gratuíto.

Programa de educación ambiental "Mundos agochados"

De outubro de 2026 até xuño de 2027 (Distintas datas dependendo da actividade).

"Mundos agochados" é o novo programa de educación ambiental do CEIDA, que convida a achegarse á natureza de proximidade e a descubrir a biodiversidade que habita nas nosas contornas cotiáns.
III Semana da Paleontoloxía
Dende o 30/09/2026 ata o 06/10/2026 
III Semana da Paleontoloxía. Ao longo da semana, persoal investigador e especialistas en paleontoloxía participarán nun programa que combina o ciclo de conferencias, actividades prácticas dirixidas a centros educativos, encontros informais con investigadores, cinema e propostas familiares.
Obradoiro de escritura "Menos é máis" na Fundación Luis Seoane

Os mércores 14 e 21 de outubro, 4 e 18 de novembro, e 2 e 16 de decembro.

A Fundación Luis Seoane organiza «Menos é máis», un obradoiro de escritura creativa coordinado polo escritor Fernando Ontañón que invita a depurar o estilo e explorar unha escritura máis clara, sinxela e literaria. A partir da lectura e análise de «Ay, William», da autora estadounidense Elizabeth Strout, as persoas participantes traballarán sobre as claves dunha narrativa baseada en palabras precisas, historias próximas e diálogos veraces.
Horario:

de 19:30 a 21:30 h.

Prezo:

100 €

Curso de manipulador de alimentos e hixiene alimentaria
21/11/2026 
Datas de inscrición: Ata o 17/11/2026
O Centro de Formación de Cruz Vermella na Coruña organiza un curso para obter os coñecementos e normas básicas necesarias para a manipulación de alimentos
Duración: 3 horas
Horario:

sábado de 10.00 a 13.00 h

Prezo:

20 €

Non Perdas
Novo período de solicitude dos Locais de Ensaio
Datas de inscrición: Dende o 02/10/2026 ata o 09/10/2026
Desde este venres, 2 de outubro, pódese optar a unha das 48 prazas semanais de ensaio para o vindeiro semestre nos Locais de Ensaio do Concello da Coruña, servizo municipal destinado a facilitar un espazo para o ensaio musical, de xeito gratuíto e en condicións de igualdade, para mozos e mozas da Coruña, solistas ou membros de grupos como espazo onde desenvolver as súas inquedanzas musicais.
A Coruña no Mundo: Bolsas Norteamérica 2027-2028
Datas de inscrición: Dende o 05/10/2026 ata o 27/10/2026
O Concello da Coruña convoca bolsas destinadas ao alumnado de 4º da ESO, residente na Coruña e matriculado nun centro educativo da cidade, para a realización de 1º de bacharelato en Canadá, durante o curso escolar 2027/28.
Duración: A estadía no Canadá comezará a finais de agosto de 2027 e finalizará en xuño de 2028.
Actividades de outubro no Espazo Xuvenil O Remanso
Dende o 09/10/2026 ata o 31/10/2026 
Lugar: Espazo Xuvenil O Remanso. A Coruña
O Espazo Xuvenil O Remanso organiza unha serie de actividades durante o mes de outubro. As actividades son todas de balde, para rapaces e rapazas de 12 a 30 anos, ambos cumpridos.
Rede Municipal de Información Xuvenil do Concello dá Coruña
Tlf.: 981 184 294 / 981 189 888/ 981 189 895
WhatsApp / Telegram: 606 362 366
cmix@coruna.gal
Onde estamos