Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Descrición

Descubrir a información é unha proposta do Centro Municipal de Información Xuvenil para aproximar aos mozos e mozas o funcionamento dun centro informativo e documental.

Na actual sociedade da información, o volume de datos que se xera pasa con frecuencia as posibilidades de convertelos en coñecemento, de aí a importancia dos centros de información e documentación como axentes ponderadores que poidan facilitar a transmisión de información ao público, para así facilitar as posibilidades de que esta se converta en coñecemento.

Visita ao CMIX , de 90 minutos de duración, cunha actividade prática de procura, seleción e tratamento de información de interese xuvenil.

Persoas destinatarias

ESO, bacharelato, ciclos medios e superiores de FP, PCPI´S, Educación de Adultos.

Finalidade e obxectivos

Dar a coñecer entre os mozos o Centro Municipal de Información Xuvenil como un recurso informativo e documental á súa disposición.

Desenvolver competencias e habilidades para a seleción informativa en diversas fontes que permita o seu tratamento para a obtención de coñecemento.

Transmitir a diferencia e a interdependencia entre información e coñecemento.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión