Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
A Dirección Xeral de Xuventude, ao abeiro das relacións bilaterais que a Xunta de Galicia mantén con entidades doutros países, convoca un intercambio xuvenil á Prefectura de Wakayama (Xapón) co obxectivo de coñecer outras realidades socioculturais e lingüísticas e favorecer a adquisición de habilidades e competencias non formais que faciliten o desenvolvemento persoal dos mozos e mozas.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Cando:
Dende o 05/09/2026 ata o 10/09/2026
Inscricións:
Dende o 22/05/2026 ata o 29/05/2026
Requisitos:
Mozos e mozas galegos residentes en Galicia con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos de idade no momento de realizarse o intercambio.
Non poderán participar no intercambio os mozos e mozas que participaran noutro intercambio ao mesmo país no marco do programa "A Xuventude no mundo" nas últimas tres edicións realizadas (2023 e 2024 e 2025).
Procedemento:
Inscrición: mediante o envío do formulario electrónico na páxina de Xuventude.
Admisión: por rigorosa orde de inscrición. Unha vez pechado o prazo de inscrición, e nos 3 días seguintes, as persoas seleccionadas recibirán un correo electrónico de confirmación da praza e no que se solicitará a remisión, no prazo de 2 días hábiles, da documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos.
Adxudicación: tras a comprobación dos requisitos, as persoas adxudicatarias recibirán un correo para que acheguen ao correo electrónico wakayama.xuventude@xunta.gal, nos 5 días hábiles seguintes copia do billete de transporte, copia do seguro de viaxe, de accidentes e de enfermidade, e copia do pasaporte.
Intercambio xuvenil O Camiño Kumano Kodo irmandado co Camiño de Santiago:
Cobertura do intercambio:
Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple.
Trasporte no ámbito do intercambio.
Actividades organizadas pola entidade de acollida (actividades provisionais previstas: percorrido por un tramo do Camiño Kumano Kodo, visita a lugares tradicionais da cultura xaponesa, encontros con mozos e mozas xaponeses, audiencia con autoridades).
Será a cargo das persoas participantes os gastos de desprazamento ata o lugar de aloxamento do intercambio en Xapón e os gastos do seguro de viaxe, de accidente e de enfermidade.
Reunión previa á saída: As persoas mozas seleccionadas serán convocados a unha reunión preparatoria do intercambio. A data de realización desta reunión será comunicada por correo electrónico con antelación suficiente.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible