Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Atención tecnolóxica en liña na biblioteca

Nas Bibliotecas Municipais da Coruña poñen en marcha o Servizo de Atención Tecnolóxica en liña. Unha persoa experta atenderá individualmente as túas dúbidas e problemas no ámbito dixital tanto dos dispositivos electrónicos (móbiles, portátiles, tabletas...) como os referidos ás ferramentas, páxinas ou redes sociais na Internet (navegación, inscrición, intimidade, configuración...).

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Horario:

De luns a venres de 9.00 a 20.00 h.

Páxina web:

https://www.coruna.gal/bibliotecas/

Cuestións básicas relacionadas coas tecnoloxías da información e comunicación: Internet, redes sociais, páxinas web... e tamén cos dispositivos dixitais como o teu móbil, portátil ou tableta: configuración, conexións, notificacións...

Tamén queren ser facilitadores e acompañarte na realización deses trámites en liña que che piden desde a administración ou desde entidades privadas. Pero debes ter en conta que non son orientadores laborais, asistentes sociais ou consultores financeiros, polo que non che poderán axudar sobre o fondo destas cuestións ou facer tramitacións no teu nome.

ONDE:

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión