Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Axenda de actividades de MUNCYT Coruña

O MUNCYT desenvolve unha serie de programas e actividades a través de propostas divulgativas elaboradas arredor da colección do museo e, tamén, en relación coas diferentes disciplinas científicas e tecnolóxicas. Así mesmo conta con espazos singulares nos que se realizan actividades divulgativas. Presentadas as actividades previstas para o mes de abril de 2021.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Abril 2021

Prezo:

Gratuíto

Páxina web:

www.muncyt.es

Contacto:

MUNCYT

Praza do Museo Nacional, 1. 15011 A Coruña

Tel.: 689 578 727

Correo: reservascor@muncyt.es

Documentos:

Axenda abril 2021 (470 KB)

  • EXPO CAMPUS VIVO. INVESTIGAR NA UNIVERSIDADE: exposición que presenta unha mostra dalgúns proxectos liderados por investigadores de distintas universidades españolas. Sala Expos Interinas.
  • ESCAPARATE DE MUSEOS: FORD-T: renovaron o espazo cunha peza prestada pola Fábrica da Luz: Museo da Enerxía de Ponferrada, un Ford modelo T. Saído da factoría creada por Henry Ford en Detroit. Sala Miscelánea.
  • VISITA CURTOCIRCUÍTOS: preguntácheste sobre a influencia da ciencia e do desenvolvemento tecnolóxico nos cambios na forma de vida e na nosa contorna ao longo do tempo? Contarancho a través da súa colección. Sábados, domingos e festivos ás 13,00 h. (Sábado 17 ás 12.30 horas - visita guiada con ILSE. Con reserva en reservascor@muncyt.es).
  • VISITA SÁBADOS EUREKA: DESAFÍOS NO MUSEO: sábados 10, 17 e 24 ás 11.30 e 17.30 h. Reserva previa, público familiar a partir de 6 anos, en reservascor@muncyt.es.
  • TALLER DOMINGOS DE DESCUBRIMENTOS. Ás 11:30 h. Reserva previa, público familiar a partir de 6 anos, en reservascor@muncyt.es.
    • 11 de abril: Únete á forza! con actividades para comprender que son as forzas, a presión...
    • 18 de abril: Son, para coñecer que é, como se xera e de que maneira podemos rexistralo e reproducilo.
    • 25 de abril: ADN, para conmemorar o seu día internacional, experimentaremos como verdadeiros/as científicos/as para saber que é o ADN, a célula e a nanotecnoloxía.
  • OFERTA EDUCATIVA 2020-2021: de xaneiro a xuño. O MUNCYT desenvolve unha serie de programas e actividades a través de propostas divulgativas elaboradas arredor da colección do museo e, tamén, en relación ás diferentes disciplinas científicas e tecnolóxicas. Charla de abril: "As matemáticas da natureza", co divulgador Manuel Vicente. Opcións segundo o nivel educativo, con reserva previa en reservascor@muncyt.es

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión