Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Ceos austrais

A Casa das Ciencias presenta unha nova exposición fotográfica sobre os ceos do hemisferio sur, co título «Ceos austrais». A mostra contén nove imaxes tomadas en Australia, Namibia, Chile e Bolivia polo astrofotógrafo Óscar Blanco Varela, na que se mostran estrelas e constelacións que non é posible observar desde as nosas latitudes.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

durante o ano 2022.

Prezo:

  • Xeral: 2€ (suplemento planetario: 2€)
  • Reducida: 1€ para menores de 16, Carné Xove, estar en situación de desemprego (suplemento planetario reducido: 1€)

Páxina web:

www.coruna.gal/mc2

Contacto:

Casa das Ciencias

Parque de Santa Margarita, s/n. 15005- A Coruña

tel.: 981 189 844

A Vía Láctea atravesando o firmamento nunha posición inédita para nós; a nebulosa de Carina; as nosas galaxias veciñas, as nubes de Magallanes; a constelación da Cruz do Sur; ou o centro galáctico desde o deserto de Atacama son só algunhas das imaxes que é posible contemplar nesta exposición e que desde Galicia non podemos ver.

Óscar Blanco Varela é divulgador e astrofotógrafo. Socio fundador da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío e xerente do Centro Astronómico de Trevinca (A Veiga), viaxou por todos os continentes na procura de ceos estrelados e eventos astronómicos, como eclipses totais de Sol ou auroras.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión