Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Charla: Isabel Zendal Gómez: unha galega ao servizo da humanidade

Actividade enmarcada no obradoiro de divulgación científica: PARA SABER +, pertencente ao proxecto de igualdade MULLERES NA RÚA da Asocación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros. Terá lugar na Biblioteca do Fórum Metropolitano.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

28/11/2022

Inscricións:

Acceso libre até completar a capacidade.

Horario:

19:00h.

Prezo:

de balde.

Páxina web:

www.redeoza.org

Contacto:

Biblioteca Municipal Fórum

Fórum Metropolitano. R/ Río de Monelos, 1. 15006- A Coruña

tel.: 981 184 298

e-correo: bforum@coruna.gal

Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros

R/ Mercé, 56. 15006- A Coruña

tel.: 981 298 122

e-correo: ozagaiteiraoscastros2@gmail.com

www.facebook.com/redeoza.org

twitter.com/ozagaiteiraosca

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros está a desenvolver  o proxecto de igualdade Mulleres na Rúa  para visibilizar ás mulleres referentes coruñesas e concienciar sobre a necesidade de traballar xuntos para acadar a igualdade.

A través do proxecto, que alíñase cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible 5 e 11, está a desenvolver numerosas actividades. Entre elas os Obradoiros Saber + en colaboración con UDCiencia d+i da Universidade da Coruña coordinado por Ana G. Tizón, profesora da UDC e Xenetista experta en Mutaxénese.

O programa nace con vocación de permanencia. Será o último luns de cada mes ás 19.00h na Biblioteca Fórum.

Isabel Zendal Gómez: unha galega ao servizo da humanidade.  Charla a cargo de Ana M. González Tizón. Profesora de Xenética da UDC e divulgadora científica.

Isabel Zendal foi a  primeira enfermeira da historia nunha misión internacional de saúde pública, encargouse do labor máis imprescindible na Real Expedición Filantrópica da Vacina. Unha viaxe de catro anos cun final de consecuencias inimaxinables.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión