Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Deporte para a igualdade

O Concello da Coruña pon en marcha o 25 de novembro “Deporte para a igualdade”, con motivo da conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. A programación componse de sete charlas e unha mostra fotográfica que teñen como obxectivo poñer en valor o deporte feminino da cidade, tanto ás mulleres deportistas como aquelas entidades que traballan a inclusividade e a igualdade no deporte.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 25/11/2022 ata o 03/12/2022

Prezo:

entrada libre ata completar aforo

Páxina web:

www.coruna.gal

Contacto:

Servizo Municipal de Deportes 

Tel.: 981 18 98 00

Teléfono de información cidadá 010

www.facebook.com/acorunadeportes

Ciclo de charlas:

  • 25 de novembro, ás 17.00 h no Fórum Metropolitano: "Pioneiras"
  • 28 de novembro, ás 16.30 h no Fórum Metropolitano: "Elite"
  • 29 de novembro, ás 17.15 h no Palacio dos Deportes de Riazor: "Persoal técnico"
  • 30 de novembro, ás 17.00 h no Palacio dos Deportes de Riazor: "Clubs deportivos"
  • 1 de decembro, ás 17.00 h no Palacio dos Deportes de Riazor: "Medios de comunicación"
  • 2 de decembro, ás 17.00 h no Fórum Metropolitano: "Arbitraxe"
  • 3 de decembro, 11.30 h no Fórum Metropolitano: "Deportistas con discapacidade"

Mostra fotográfica "Deporte para a igualdade": o Fórum Metropolitano acolle esta exposión con máis de 40 fotografías protagonizadas por mulleres deportistas coruñesas en diferentes disciplinas deportivas

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión