Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Exposición de moda "Vestir Épocas. 1860-1960. A Colección González-Moro"

O Museo de Belas Artes da Coruña presenta a súa primeira exposición de moda, Vestir Épocas. 1860-1960. A Colección González-Moro, coa que pon en relevo o valor da costura dentro da arte. A través dun percorrido por máis de trescentas pezas nunca expostas no seu conxunto, o espectador ten ocasión de adentrarse nos usos e costumes que transitaron dende mediados do século XIX ata mediados do século XX.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Prorrogada ata o 30 de maio de 2021

Enderezo:

Museo de Belas Artes. Rúa Zalaeta s/n. 15002 A Coruña

Páxina web:

http://museobelasartescoruna.xunta.gal

Contacto:

Museo de Belas Artes da Coruña

Rua Zalaeta s/n

15002 A Coruña

Tlf: 881 881 700 

Email: mu.belas.artes.coruna@xunta.es

Facebook: https://www.facebook.com/Museo-de-Belas-Artes-da-Coruña/

A exposición componse de máis de 300 obras da prestixiosa colección de Ana González Moro que abarcan 100 anos de creación téxtil, desde 1860 a 1960. Trátase dunhas pezas que reflicten os actos das xentes e da sociedade da Galicia da época e que permiten establecer unha relación entre a idealización da arte e o realismo da roupa. Precisamente, a disposición das pezas da mostra realizarase a través dunha pasarela que introducirá aos visitantes nas diferentes salas.

A mostra divídese en nove seccións que integran roupa interior, traxes de bautismo e comuñón, vestidos de noiva e traxes de etiqueta para cabaleiros, sombreiros e outros complementos, así como loito e uniformes. Tamén se poden contemplar traxes de paseo, roupa de día e de noite, e roupa de servizo, ademais de pedrería e complementos.

Comisariada polo arquitecto Fernando Agrasar Quiroga e o especialista en moda Román Padín Otero, a exposición pon de relevo o valor da costura dentro da arte a través de vestimentas de gran beleza, prodixio técnico, singularidade museográfica e relevancia histórica.

Percorrido virtual: O Museo de Belas Artes ofrece tamén a posibilidade de percorrer a mostra de xeito virtual a través do enlace: http://vestirepocas.belasartesnacasa.es/. A visita permite achegarse a cada sección con vídeos explicativos e informacións sobre os usos e costumes da época canto á moda e ás vestimentas que compoñen a colección.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión