Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Galicia emerxe, concertos musicais

CRTVG ofrecerá ao longo deste ano, a través das súas canles de televisión, radio e Internet, 50 concertos de destacados/as artistas e grupos galegos, en convenio coa Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic) para difundir o ciclo "Galicia Emerxe".

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Ao longo do 2021

Horario:

Os espectadores terán a oportunidade de ver estes concertos na primeira canle, os sábados arredor das 10.40 h. Unha vez rematada esta emisión, cada recital estará dispoñible na web da CRTVG e tamén poderá escoitarse en Radio Galega Música a partir das 22.00 h dos sábados.

Páxina web:

http://www.crtvg.es/tvg/programas/galicia-emerxe

Mercedes Peón, Xoel López, Boyanka Kostova, A Banda da Loba, Sés, Luar na Lubre, Wöyza, Budiño, Rodrigo Romaní, Novedades Carminha, Triángulo de Amor Bizarro, Susana Seivane, Uxía, Eladio y los Seres Queridos e De Vacas son algúns do medio cento de artistas que participan en "Galicia Emerxe", unha serie de recitais de 40 minutos de duración que comezaron a emitirse o pasado 13 de xaneiro nas "Noites Temáticas" da G2.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión