Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Intersección 2021- Festival de Arte Audiovisual Contemporánea

INTERSECCIÓN- Festival de Arte Audiovisual Contemporánea regresa este ano á Fundación Luis Seoane cunha edición dedicada por vez primeira a un eixo temático que xira ao redor do urbano, a cidade e a arquitectura. O certame ofrecerá unha programación que contarán cun amplo abano de artistas nacionais, como Aitor Gametxo e Félix Fernández, e internacionais como Sophio Medoidze ou Caterina Vasconcelos, entre outros.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 22/10/2021 ata o 31/10/2021

Prezo:

de balde.

Páxina web:

interseccion.gal

Organiza:

Asociación Cultural Albatros

Contacto:

INTERSECCIÓN conta nesta edición con dúas seccións: Trazados, tránsitos e cidadelas e Planetario. A primeira é un espazo dedicado á análise crítica de diferentes aspectos relacionados co urbano, a arquitectura e a cidade que incluirá unha exposición e tres sesións nas que se proxectarán obras de Sabrina Ratté, Randa Maroufi, Clara Aparicio e Susane Wiegner.

Planetario estará dedicada ao cine de cúpula, unha proposta que converte a INTERSECCIÓN no primeiro festival galego que dedica unha sección a este formato, na que se poderán ver os traballos de autores procedentes de distintos países nunha experiencia audiovisual inmersiva e envolvente. As proxeccións programadas no Planetario amosarán unha gran variedade de recursos técnicos, como a animación 3D, o videomapping, o stop motion, etc., e incluirán dúas sesións para o público infantil.

Lugar: Fundación Luís Seoane R/ San Francisco, 27. 15001- A Coruña

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión