Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

IV Ciclo de cinema "Os ollos abertos"

A ONG A.I.R.E. organiza en setembro no Fórum Metropolitano a 4ª edición de “Os ollos abertos", o ciclo de cinema gratuíto que aborda o tema das migracións e refuxio desde unha perspectiva positiva e esperanzadora. Ao finalizar cada pase haberá un pequeno coloquio para afondar na temática proposta pola película.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 26/09/2022 ata o 29/09/2022

Horario:

todas as proxeccións comezarán ás 18.30 h.

Prezo:

entrada libre ata completar capacidade

Páxina web:

www.coruna.gal/cultura

Contacto:

Fórum Metropolitano

R/ Río Monelos, 1 (15006 - A Coruña)

Tel.: 981 184 293

www.facebook.com/ForumMetro

PROGRAMA:

  • luns 26 de setembro: "Yo, un negro" (Jean Rouch, 1958). Coloquio con Michel Adje, Mustapha Kone e Emmanuel Mbankwop, migrantes marfileños na Coruña.
  • martes 27 de setembro: "Pan y rosas" (Ken Loach, 2000). Coloquio con Hortensia Rossi Decena, migrante e voluntaria e Saamira Ganay, actriz e presentadora.
  • mércores 28 de setembro: "Girlhood" (Céline Sciamma, 2014). Coloquio con Jeane Costa, muller afrodescendente feminista, migrante. Educadora e sexóloga.
  • xoves 29 de setembro: "Todos nos llamamos Ali"  (Rainer Wener Fassbinder, 1974). Coloquio con Belén Fernández Suárez, profesora de Socioloxía na UDC, membro do equipo de investigación de sociedades en movemento - ESOMI

*Coordinador e moderador do ciclo: Javier Trigales

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión