Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Outono Xove. Actividades formativas e de lecer para a mocidade

Novo programa con actividades formativas e de lecer para a mocidade galega durante as fins de semana, entre finais de outubro e comezos de decembro, en albergues xuvenís.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Dende o 14/10/2021

ata cubrir prazas.

Horario:

A incorporación realizarase o venres pola tarde a partir das 19 horas, e a saída será ao remate da actividade, que será sempre os domingos antes do xantar.

Prezo:

25 euros. As persoas que pertenzan a familia numerosa ou monoparental e por ser titular do Carné xove, debidamente activado, terán un desconto do 25% aboando, nestes casos, 18,75 euros.

Requisitos:

  • Mozos e mozas empadroados en Galicia que teñan entre 14 e 30 anos no momento de presentar a súa solicitude. Os grupos de participación dividiranse en dous tramos de idade: de 14 a 17 anos e de 18 a 30.
  • Durante a estancia nos aloxamentos respectaranse as normas de organización interna en cada un deles, así como as relativas ás condicións hixiénico-sanitarias. As persoas participantes deberán cubrir unha declaración responsable de condicións de saúde para facer fronte á Covid-19. 
  • Será necesario levar a tarxeta sanitaria e o DNI durante os días de realización do programa. 
  • A reserva de praza efectuarase unicamente a través do formulario de inscrición na páxina web de xuventude.
  • As prazas asignaranse por estrita orde de chegada. Unha vez esgotadas crearase unha lista de reserva, tamén por orde de chegada.
  • No formulario só se poderá elixir unha quenda (no caso de que queden prazas libres, ofreceráselles aos mozos e mozas que presentaran xa unha solicitude de participación a posibilidade de inscribirse noutro programa).
  • Unha vez confirmada a praza, a persoa participante terá un prazo de 48 horas para remitir por correo electrónico a fotocopia escaneada do DNI xunto co xustificante do pagamento, e a copia do Carné xove, a tarxeta de familia numerosa ou o certificado de familia monoparental, de ser o caso. Esta documentación debe enviarse ao enderezo de correo electrónico xuventur@xunta.gal , indicando no asunto o programa no que está inscrito, e suporá a adxudicación da praza.

Páxina web:

xuventude.xunta.es

Contacto:

Xunta de Galicia. Consellería de Política Social. Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

xuventur@xunta.gal

Servizo de Xuventude e Voluntariado

Rúa Salvador de Madariaga. Mercado de Elviña 1º andar. A Coruña 

Tel. 881 881 238 / 240 

Documentos:

Folleto informativo (3 MB)

Programas:

  • Programa 1: Unha finde de lenda
    • Ruta de sendeirismo Costa Doce, xantar-picnic na praia de Arnela, ruta en BTT ata o Castelo de Fontán, tiro con arco, escalada e veladas
    • Albergue Xuvenil de Gandarío (Bergondo, A Coruña)
  • Programa 2: Cine rally
    • Obradoiro de cine con toma de contacto cos distintos pasos do proceso de creación audiovisual; obradoiro de guións e de preprodución: ensaios, vestiario, localizacións, entrevistas, storytelling; rodaxe dos distintos proxectos e obradoiro de edición, veladas e xogos. 
    • Albergue Xuvenil Marina Española (Sada, A Coruña)
  • Programa 3: A Mar_Xuventude
    • Obradoiro Ecolab I de limpeza de praias e de clasificación do lixo, ecorraid de recollida de lixo e microplásticos con xps, ecorruta ruta BBT, obradoiro Ecolab II con tiro con arco e realización dun mural xigante co material recuperado 
    • Albergue Xuvenil As Sinas (Vilanova de Arousa, Pontevedra)
  • Programa 4: Ceos de música e tradición
    • Ruta en BTT por Forcarei, xeocaptura fotográfica, visita a Soutelo de Montes, aula astronómica con visita ao Observatorio de Forcarei e velada astronómica, obradoiro de baile tradicional e obradoiro de música e instrumentos tradicionais
    • Albergue Xuvenil Pontemaril (Forcarei, Pontevedra)
  • Programa 5: Facendo Camiño
    • Bicicleta de montaña no Camiño de Santiago, Escape Game (xogo de escape), deportes alternativos, descuberta cultural de Portomarín a través do Camiño de Santiago, orientación con mapas topográficos, ruta nocturna e observación astronómica, obradoiros formativos sobre emprendemento xuvenil, asociacionismo e economía social e circular; espazos creativos e indagativos para desenvolver ideas 
    • Albergue Xuvenil Benigno Quiroga (Portomarín, Lugo)
  • Programa 6: Aventura LUG 2.0
    • Escape room, viaxe intergaláctica, actividades tecnolóxicas como dron, realidade virtual, impresión 3d-xeolocalización, estampado en tela; actividades deportivas tales como escalada en rocódromo, lasertag; actividade educativa-coñecemento con diversos xogos como petanca, billarda, zancos, etc. 
    • Albergue Xuvenil LUGII (Lugo)
  • Programa 7: Naturezarte
    • Ruta de rastrexo medioambiental, cultural e de aventura O Carballiño-Virxe da Saleta; actividade creativa de body paint; Escape room; concurso musical Xogando coa música e actividade de cociña
    • Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense)
  • Programa 8: Mar e cultura na Mariña
    • Rutas, descuberta fotográfica, xogos de presentación, Escape room na Devesa, visita cultural ao Museo de Sargadelos ou Museo do Mar de San Cibrao, ruta polo Paseo dos Namorados e senda botánica de Sargadelos, descuberta fotográfica en Mondoñedo, obradoiro de creatividade mariña, gran xogo de taboleiro, observación astronómica e raid mariñeiro
    • Campamento Xuvenil A Devesa (Ribadeo, Lugo)

O programa inclúe:

  • Aloxamento en albergue xuvenil ou residencia de tempo libre (noites de venres e sábado) 
  • Manutención completa dende a cea do venres ata o almorzo do domingo, ambos incluídos
  • Programa de actividades, equipo técnico responsable, así como o material preciso para o seu desenvolvemento

O desprazamento ata as instalacións onde se vai desenvolver o programa vai por conta das persoas que participan, tanto o día de incorporación como o día do remate da actividade.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión