Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

ParticipACTION! Encontro Nacional de Participación Xuvenil en Europa

A asociación Kaebnai, baixo a supervisión da Axencia Nacional Española e a Dirección de Mocidade do Goberno Vasco, organiza en Hondarribia (Guipuzcoa) un encontro nacional de persoas novas, técnicas e responsables de políticas de mocidade que impulsan accións de participación xuvenil en Europa financiado a través do programa Erasmus+

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 08/11/2022 ata o 14/11/2022

Xa rematou

Inscricións:

Ata o 11/09/2022

Requisitos:

Mozos de diferentes Comunidades Autónomas, persoas voluntarias, expertas, formadoras e/ou responsables no ámbito das políticas de mocidade, con idades comprendidas entre 18 e 30 anos nas datas de realización do evento.

Remuneración / Dotación:

Todos os custos do proxecto durante o desenvolvemento da actividade (aloxamento, manutención e transporte) están cubertos polo programa "Erasmus+: Mocidade", así como o transporte de ida e volta desde a orixe de cada participante á localización do proxecto.

Páxina web:

www.kaebnai.net

Contacto:

Asociación Kaebnai

Prim Kalea, 14-2 (20006 - Donostia, Gipuzkoa)

Tel: 943 47 09 62 - 656 96 71 79

correo-e: kaebnai@gmail.com

O obxectivo deste proxecto, é organizar un encontro de 7 días de duración para 40 mozos de diferentes comunidades autónomas así como persoas expertas, formadoras e/ou responsables no ámbito das políticas de mocidade.

O evento está baseado nun conxunto de actividades de educación non-formal con obradoiros teórico-prácticos. Implicando tanto a mozos como a persoas expertas e responsables de políticas de mocidade que impulsen accións de participación xuvenil en Europa

LUGAR: Albergue Juan Sebastián Elkano de Hondarribia (Guipuzcoa)

INSCRICIÓN: a través do formulario web antes do 11 de setembro de 2022 ás 12.00 h.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión