Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Recollida de ordenadores solidaria

A asociación estudantil IEEE Uvigo Student Branch, na que se atopan estudantes das diferentes titulacións de enxeñaría que se imparten na Universidade de Vigo, vén de anunciar unha proposta solidaria de recollida de ordenadores, equipos que eles mesmos disporán nun espazo cedido pola Escola de Enxeñaría de Telecomunicación coa idea de repartilos entre as familias con menos recursos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Páxina web:

https://edu.ieee.org/es-uvigo/

Contacto:

SEDE CAMPUS

Escola de Enxeñaría de Telecomunicación

Campus de Vigo As Lagoas

Rúa Maxwell, s/n, 36310 Vigo, Pontevedra

SEDE CIUDAD

Universidad de Vigo Escuela de Ingeniería Industrial

Rúa do Conde de Torrecedeira, 86, 36208 Vigo, Pontevedra

Recollen todo tipo de material informático, tanto de particulares como de empresas. Máis polo miúdo, amais de computadores (tanto portátiles como de sobremesa), poderá entregarse todo tipo de material informático: monitores, teclados, ratos, fíos de conexión, discos duros, memorias...

Para doar hai que completar un formulario, no que queda rexistrado o correo electrónico da persoa doante e a través do cal se porán en contacto con ela no intre da recollida.

Os membros voluntarios do IEEE UVigo serán os encargados de limpar estes equipos a fondo e instalarlles un set de aplicacións de software libre, para que o equipo poida empregarse desde o primeiro día en que se realice a entrega. Unha vez arranxados e equipados serán entregados á ONG Accem, que será a encargada de darllos ás familias en risco de exclusión ás que axuda.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión